Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual
 Asignaturas
  Contexto Tecnolóxico Profesional e do Usuario
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Contexto Tecnolóxico Profesional e do Usuario Código 616531006
Titulación
Máster Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Humanidades
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Alfonsín Nishimura, Azucena
Correo electrónico
Profesorado
Alfonsín Nishimura, Azucena
Arrojo Baliña, María José
Martinez Bravo, Jorge
Moreiras Lorenzo, Ana
Ortiz Medina, Antonio
Pedreda Corredoira, María
Silva Fernándes, Elisabeth
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
Web
Descrición xeral Coñecemento experto da contorna tecnolóxica relacionada coa comunicación de contidos informativos, tanto desde o punto de vista do usuario ou consumidor da información, como desde o punto de vista profesional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen – Seminarios con profesionais – Prácticas de laboratorio (poden facerse online, con atención personalizada, computa na avaliación) - Discusión dirixida *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. - Google Docs: para compartir materiais dos profesores e profesionais que imparten docencia. – Teams: utilizarase esta plataforma para as clases maxistrais, os seminarios con profesionais, segundo o horario, e para o seguimento e apoio na realización das “prácticas de laboratorio”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. A través de Teams os alumnos tamén poden transladar consultas. 4. Modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: – As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación 3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes