Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual
 Asignaturas
  Contexto Tecnolóxico Profesional e do Usuario
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A3 A6 A9 A13 A14 A15 A16 A17 A18 B7 B9 C2 No Obradoiro recóllese o método de avaliación dos "TRABALLOS PRÁCTICOS" reflectido na memoria de verificación do título, consistente en:

WALTER CMS:

Escribir unha noticia de temática libre e cargala a Walter-test con estas especificacións:

- Tipo de contido: noticias

- Categoría test de Walter

- A noticia debe ter unha foto ou un álbum. Tamaño das imaxes para publicar na web: 1280 x 720.

- Incrustar alo menos un contido social relacionado co tema elexido: youtube, twitter, facebook, instagram, etc.

- Nos campos "Título de portada" e "Lead de portada" escribir o título e a pista que se usaría para compartir as noticias en Facebook.

- En canto a estilos, utilizar os que se consideren convintes: ladillos, segundo título, destacados, comiñas, etc.

- Valorarase o acabado final dos contidos xa publicados na web (sempre coa categoría de walter-test).

INDESIGN:

Maquetación e deseño da información en InDesign, seguindo as pautas do aprendido no módulo, ata o resultado final, con foto e texto real.
80
Seminario A3 A9 A13 B9 C2 O Seminario inclúe a “INTERVENCIÓN DO ALUMNO NA AULA” como método de avaliación que queda reflectido na memoria de verificación do título. 20
 
Observacións avaliación
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes