Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual
 Asignaturas
  Tendencias, Xéneros, Formatos Xornalísticos e Reporteirismo Avanzado
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Tendencias, Xéneros, Formatos Xornalísticos e Reporteirismo Avanzado Código 616531011
Titulación
Máster Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Humanidades
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Sanchez Sanchez, Jose Francisco
Correo electrónico
francisco.sanchez@udc.es
Profesorado
Sanchez Sanchez, Jose Francisco
Correo electrónico
francisco.sanchez@udc.es
Web
Descrición xeral Ao mesmo tempo que van adquirindo as destrezas necesarias para poder elaborar os contidos informativos en función dos soportes, os alumnos coñecerán as últimas tendencias, así como os novos xéneros e formatos xornalísticos que se están desenvolvendo en función dos propios avances tecnolóxicos, e as últimas experiencias en reporterismo avanzado. Todo iso da man dos líderes da industria que capitanean os proxectos referentes a nivel nacional e internacional.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen – Traballos tutelados (con atención personalizada, computa na avaliación) – Seminarios con profesionais – Práctica en laboratorio (poden realizarse online con atención personalizada, computa na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado – Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. - Google Docs: para compartir materiais dos profesores e profesionais que imparten docencia. – Teams: utilizarase esta plataforma para as clases maxistrais, os seminarios con profesionais, segundo o horario, e para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados e das prácticas en laboratorio”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia. A través de Teams os alumnos tamén poden transladar consultas. 4. Modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: – As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA: 1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase. 2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación. 3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique. 4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes