Máster Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Departamento profesorado máster Humanidades Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Arrojo Baliña, María José
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
Profesorado
Arrojo Baliña, María José
López Fernández, Alicia
Monzón Fueyo, Manuel
Nido Rodríguez, Mª Fernanda del
Pena Pérez, Jaime
Pérez Sánchez de Silva, Francisco Javier
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
alicia.lopez.fernandez@udc.es
Web
Descrición xeral
O alumno coñecerá os procesos de compra e venda de produtos audiovisuais e as diferentes xanelas de explotación. Familiarizarase cos diferentes xéneros de ficción no mercado nacional e internacional e aprenderá a establecer unha relación entre os distintos xéneros, cada un posuidor dunha linguaxe cinematográfica determinada, e os seus resultados en taquilla.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen
- Traballos tutelados (con atención personalizada, computa na avaliación)
- Seminarios profesionais
- Prácticas de laboratorio (poden facerse online, con atención personalizada, computa na avaliación)
Metodoloxías docentes que se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuales para resolver dúbidas e facer o seguimiento dos traballos tutelados.
- Google Docs: para compartir materiais dos profesores e profesionais que imparten docencia.
- Teams: esta plataforma utilizarase para as clases maxistrais, os seminarios con profesionais, segundo o horario establecido, e para o seguimiento e apoio na realización dos traballos tutelados e prácticas en laboratorio. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. A través de Teams os alumnos tamén poden transladar consultas.
4. Modificacións na avaliación
Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbo presenciais ata o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios ca de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías