Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual
 Asignaturas
  Traballo Fin de Máster
   Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Traballos tutelados
Descrición

Para o desenvolvemento de cada un dos proxectos a cada alumno asignaráselle un titor profesional. O titor é un asesor do que obter opinión e, se é o caso, información. O titor actúa a instancia do alumno, co que se mantén contacto (de forma online ou en presencial) polo menos quincenalmente. A titoría dura ao redor de 30 minutos. Se o titor non pode atender persoalmente a titoría quincenal, delegará nalgún membro do seu equipo ou no equipo de titores permanente que ten o Máster.

Ademais dun titor profesional, o alumno contará tamén cun titor académico ou titor permanente. O equipo de titores permanentes do máster son tres persoas: José Francisco Sánchez (coordinador), María José Arroxo (secretaria académica) e María Josefa Formoso. Estas tres persoas son persoal académico da UDC e, á vez, teñen unha dilatada e acreditada experiencia profesional tanto no campo do xornalismo como da do TFM.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes