Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Máster Universitario en Produción Xornalística e Audiovisual
 Asignaturas
  Prácticas Externas
   Contidos
Temas Subtemas
- Prácticas curriculares O alumno, tutelado tanto por responsables académicos do máster como por profesionais da empresa han de pasar un período mínimo de dous meses realizando prácticas remuneradas nas que exerciten os coñecementos adquiridos ao longo do período de formación previo.

Durante o desenvolvemento das prácticas, os alumnos terán un titor profesional. Serán os responsables de áreas, seccións, ou departamentos en empresas informativas e produtores executivos ou directores de produción no caso das empresas audiovisuais.

As tarefas que realizarán os estudantes en prácticas estarán relacionadas co seu nivel de estudos e de formación académica.
Unha vez finalizadas as prácticas, a Entidade expedirá ao ou á estudante un certificado acreditativo da súa realización e das súas características. Ademais, remitirá debidamente cuberto ao centro o informe de seguimento final das prácticas, en que deberán constar os seguintes aspectos:
1. Capacidade técnica do ou da estudante.
2. Capacidade de aprendizaxe.
3. Administración e organización dos traballos.
4. Habilidades de comunicación oral e escrita.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes