Explicaránse os principais fitos históricos da televisión, a radio e o multimedia desde o seu nacemento. Xunto cos avances destes medios a nivel mundial, farase fincapé na súa evolución en España e en Galicia e nos principais programas da televisión desde a súa orixe.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizara?n cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
• Sesión maxistral
• Discusión dirixida (computa na avaliacio?n)
• Proba obxectiva (computa na avaliacio?n))
• Lecturas
• Investigación ( Atencio?n personalizada)
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha. Pasase a online a modalidade de todas elas.
3 Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
• Correo electro?nico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver du?bidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
• Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando.
• Teams: 1 sesio?n semanal en gran grupo para o avance dos contidos teo?ricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesio?ns semanais (ou mais segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realizacio?n dos “traballos tutelados”. Esta dina?mica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Manteñense as mesmas porcentaxes de avaliación que na modalidade presencial
*Observacións de avaliación:
Mante?n?ense as mesmas que figuran na gui?a docente
Ao longo do cuatrimestre desenvolveranse exames parciais de carácter liberatorio. A superación de cada unha destas probas liberará ao estudante da parte correspondente do temario no exame de xaneiro (primeira oportunidade). Dado o especial contexto deste curso, invítase a todo o alumnado a participar nestas probas.
- Nos traballos calquer fragmento superior a unha frase que non sexa orixinal suporá un 0 nesta parte para todo o grupo.
- Para aprobar a materia é necesario ter superadas as probas sobre o contido teórico da asignatura.
- Unha falta de ortografía suporá a anulación do traballo/exame onde se cometa.
- Na oportunidade de xullo non se gardarán as notas dos parciais realizados e o alumno realizará toda a proba. Manterase a mesma porcentaxe de avaliación que na de xaneiro. No caso daqueles alumnos que non foran ás clases, a porcentaxe de avaliación será 40% proxecto de investigación e 60% proba obxectiva.
- Recomendáse estar atento ás canles de comunicación para coñecer as novas que podan afectar á materia.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizara?n cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías