Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Sector audiovisual
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Sector audiovisual Código 616G01007
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
López Golán, Mónica
Correo electrónico
monica.lopez.golan@udc.es
Profesorado
López Golán, Mónica
Correo electrónico
monica.lopez.golan@udc.es
Web
Descrición xeral Sector Audiovisual ofrece ao alumno os coñecementos específicos sobre o funcionamento institucional, económico e político do sistema audiovisual e dos actores que o integran (administración, empresas, soportes e audiencias). Preténdese unha aproximación ao sector audiovisual como industria. Os profesionais da comunicación audiovisual necesitan saber como operan e interrelaciónanse os medios, as tecnoloxías e os produtos nun campo de actividade económica de crecente peso e influencia.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen: Mantéñense todas as metodoloxías docentes. *Metodoloxías docentes que se modifican: A proba de resposta breve podería trocarse por un exame tipo test, a través de Moodle, se a situación así o require. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Moodle: é a canle oficial de información aos estudantes con todas as cuestións que afectan á materia. Publicarase información semanal (como mínimo). Correo electrónico personalizado: dispoñible en horario laboral ampliado. Microsoft Teams: titorías persoais ou grupais. Sempre que os estudantes o solicíten ou o docente o considere necesario. 4. Modificacións na avaliación: Ningunha *Observacións de avaliación: Ningunha 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Se é necesario, as fontes de información poñeranse ao dispor dos estudantes en formato dixital.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes