Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Sector audiovisual
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa A4 A6 A9 B2 B3 B4 B5 B9 C2 C3 C4 Traballo en grupo no que se valora tanto o resultado como o proceso.
A cualificación de cada alumno integrante do grupo podería ser diferente en función da súa achega e compromiso.
A asistencia ás clases relativas a esta actividade é obrigatoria, e terase en conta para a cualificación de cada alumno.
A participación neste traballo é obrigatoria para optar á avaliación da materia.
20
Proba mixta B1 B2 B3 B4 C2 Exames.
É necesario obter un mínimo de tres puntos para que esta cualificación faga media coas outras probas e traballos previstos nesta avaliación.
Se non se alcanza este mínimo, a materia resulta automaticamente suspensa
60
Lecturas A6 A9 A10 B3 B9 C2 C4 Proba para a avaliación do libro de lectura obrigatoria.
A presentación a esta proba é obrigatoria para optar á avaliación da materia.
20
 
Observacións avaliación

Ortografía: as posibles faltas de ortografía nos exames e traballos baixarán de modo significativo a cualificación dos mesmos.

Os alumnos deberán consultar semanalmente o Moodle,
porque a través deste espazo docente virtual comunicaráselles toda a
información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e
cualificacións.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: as actividades de avaliación e a súa valoración serán iguais. O traballo
en grupo previsto poderá facelo individualmente, se é necesario. A
través das titorías, a profesora adaptará ás circunstancias do alumno/a ás
datas para realizar as actividades e facilitaralle a orientación
necesaria para cursar a materia.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes