Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Comunicación e industrias culturais
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Comunicación e industrias culturais Código 616G01009
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
López Garrrido, Mercedes Marina
Correo electrónico
mercedes.lopez@udc.es
Profesorado
Formoso Barro, Maria Josefa
López Garrrido, Mercedes Marina
Correo electrónico
m.formoso@udc.es
mercedes.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral O estudo das industrias culturais pretende mostrar aos estudantes que a cultura ten tamén unha importante dimensión económica, empresarial e tecnolóxica. Dentro das industrias culturais adóitase incluír a televisión, a radio, o cinema, os diarios e revistas, os libros, a música, os contidos da internet, os videoxogos e a publicidade. Todas estas son actividades cuxo principal obxectivo é comunicarse cunha audiencia, crear textos. Desde finais do século XX as tecnoloxías de base dixital propiciaron un revolucionario proceso de converxencia nestas industrias, e diluíron as súas tradicionais diferenzas como soportes de textos. Os cambios que estamos a vivir, e os que chegaremos a ver, transformaron a maneira como os humanos nos comunicamos a través dos medios, así como a función e organización destas institucións na sociedade.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se farán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Sesión maxistral Aprendizaxe colaborativa *Metodoloxías docentes que se modifican Se suprimen proba mixta e e obradoiro por un traballo tutelado. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico. Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer seguimento dos traballos tutelados. Teams. 1 sesión semanal en grupo grande para o avance dos contidos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia. 4. Modificacións na avaliación Traballo tutelado (60%) Aprendizaxe colaborativa (40%) *Observacións de avaliación: 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hay cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes