Os obxectivos da materia fundaméntanse en:
- Conseguir dos alumnos, futuros graduados en Comunicación Audiovisual, un nivel de coñecementos axeitado que lles permita coñecer e afondar no alcance da xestión da empresa audiovisual, así como a aplicación das diversas técnicas propias da xestión empresarial
- Adquirir os coñecementos esenciais, tanto teóricos coma prácticos, sobre a organización, xestión, comercialización e financiamento das empresas audiovisuais.
- Manexar os conceptos básicos que interveñen na creación e desenvolvemento de empresas audiovisuais.
- Coñecer na práctica, mediante o estudo e análise de casos reais, as citadas técnicas de xestión das empresas audiovisuais.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
(Non se realizan modificacións nos contidos.)
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se modifican
(Os traballos tutelados, xunto coa presentación oral levaranse a cabo a través de Teams. A proba de resposta múltiple realizarse a través de Moodle.)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
(Atención personalizada a través de Teams e correo electrónico)
4. Modificacións na avaliación
(O exame test de resposta múltiple individual levarase a cabo telemáticamente a través da plataforma Moodle. A exposición e todo o referido ao traballo desenvolvido en grupo realizarase de forma telemática a través de Teams.)
*Observacións de avaliación:
(Non se realizan modificacións.)
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan modificacións
(Non se realizan modificacións.)
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías