Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A4 B2 B3 B4 B5 B6 B7 Cada grupo deberá expor o Traballo Práctico de maneira oral. Na exposición deberán participar todos os integrantes do grupo e os profesores poderán formular cantas preguntas aclaratorias estimen oportunas. A exposición apoiarase en presentacións audiovisuais e/ou en transparencias. Durante a presentación do traballo o alumnado non poderá ler ningún tipo de documento. Previamente á exposición, cada grupo enviará aos profesores, en formato pdf, tanto o traballo como a presentación e, no seu caso, os documentos anexos que se consideren.
35
Presentación oral B6 B7 C2 C4 Os grupos de alumnos terán que desenvolver un traballo. Preténdese fomentar o traballo colaborativo e en grupo dos alumnos. Este traballo recibirá apoio por parte do docente tanto nas tutorias de grupo como na atención personalizada.
A precisión, claridade da exposición e acerto nas respostas serán tidas en conta para a avaliación.
A nota da parte práctica mantense para a segunda oportunidade. Non é necesario que teña que facer de novo a parte práctica.


5
Proba de resposta múltiple A6 A9 A10 A11 B1 B2 Preguntas Test de resposta múltiple (catro opcións). As preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple establece un mínimo ou restrición para poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación alcanzada na parte práctica, se non se alcanzase unha puntuación minima de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple non se computará esta nota e a materia considerarase como non superada.

A asistencia a clase outorgará un plus máximo de 0,5 puntos que se aplicará sobre a cualificación da proba de resposta múltiple, sempre que a cualificación desta sexa como mínimo de 4,5 puntos sobre 10. Será necesario para iso ter polo menos un 85% de asistencia ás clases presenciais.

No caso de non ser superado o exame test e, por tanto, non aprobarse a materia, a cualificación final que figurará na correspondente acta será a alcanzada no devandito exame test e ponderada ao 60%.


60
 
Observacións avaliación

Condicións da realización da avaliación final:

Está
prohibido acceder á aula do examen con calquer dispositivo que permita a
comunicación có exterior e/ou almacenamento de información.

Segunda Oportunidade:

Os criterios de avaliación serán os mesmos que na primerira oportunidade.

Convocatoria adiantada:

No
caso de que o alumno solicitase a convocatoria adiantada, éste será
avaliado a través dunha proba de resposta múltiple (catro opcións), onde
as preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple
establece un mínimo de 5 puntos sobre 10 para superar a materia. A
ponderación desta proba nesta convocatoria será dun 100%.


Calificación de non presentado:

Corresponde ao alumno, cando so
participe de actividades de avaluación que tiñan una ponderación
inferior a o 20% sobre a calificación final, con independencia da
calificación alcanzada.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia

Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxetiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes