Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Empresa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A3 A4 B2 B3 B4 B5 B6 B7 Os grupos de alumnos terán que desenvolver un traballo. Preténdese fomentar o traballo colaborativo e en grupo dos alumnos. Este traballo recibirá apoio por parte do docente tanto nas tutorias de grupo que se realizarán de forma presencial na aula, como na atención personalizada a través de Teams.
A nota da parte práctica mantense para a segunda oportunidade. Se non se alcanza unha puntuación mínima de 5 puntos sobre 10 no traballo tutelado e na presentación oral a materia considerarase como non superada. No caso de non ser superado o traballo tutelado e por tanto, non aprobarse a materia, a cualificación final que figurará na correspondente acta será a alcanzada no devandito traballo.
30
Presentación oral B6 B7 C2 C4 Cada grupo deberá expor o traballo práctico de maneira oral. Na exposición deberán participar todos os integrantes do grupo e os profesores poderán formular cantas preguntas aclaratorias estimen oportunas. A exposición apoiarase en presentacións audiovisuais e/ou en transparencias. Previamente á exposición, cada grupo enviará aos profesores, en formato pdf, tanto o traballo como a presentación. 20
Proba de resposta múltiple A6 A9 A10 A11 B1 B2 Preguntas test de resposta múltiple (catro opcións). As preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple establece un mínimo ou restrición para poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación alcanzada na parte práctica, se non se alcanzase unha puntuación minima de 5 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple non se computará esta nota e a materia considerarase como non superada.

A asistencia a clase outorgará un plus máximo de 0,5 puntos que se aplicará sobre a cualificación da proba de resposta múltiple, sempre que a cualificación desta sexa como mínimo de 4,5 puntos sobre 10. Será necesario para iso ter polo menos un 85% de asistencia ás clases.

No caso de non ser superado o exame test e, por tanto, non aprobarse a materia, a cualificación final que figurará na correspondente acta será a alcanzada no devandito exame test.


50
 
Observacións avaliación

*As sesións maxistrais de forma telemática requirirán tamén da participación do alumnado. Dita participación poderá terse en conta para a nota final. 

Condicións da realización da avaliación final:

Está
prohibido acceder á aula do examen con calquer dispositivo que permita a
comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

Segunda Oportunidade:

Os criterios de avaliación serán os mesmos que na primeira oportunidade.

Convocatoria adiantada:

No
caso de que o alumnado solicitase a convocatoria adiantada, este será
avaliado a través dunha proba de resposta múltiple (catro opcións), onde
as preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple
establece un mínimo de 5 puntos sobre 10 para superar a materia. A
ponderación desta proba nesta convocatoria será dun 100%.


Calificación de non presentado:

Corresponde ao alumnado, cando so
participe de actividades de avaliación que tiñan una ponderación
inferior ao 20% sobre a calificación final, con independencia da
calificación alcanzada.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:

Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

Identificación do estudante: 

O estudante terá que acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes