Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Publicidade audiovisual
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A6 A7 A10 A12 C3 C4 A avaliación da sesión maxistral realizarase a través dun exame teórico-práctico que suporá ó 30% da cualificación final. 30
Obradoiro A1 A2 A3 C1 C2 A avaliación do obradoiro realizarase a través da entrega de traballos prácticos tutelados pola docente que suporá o 70% da cualificación final. 70
 
Observacións avaliación




- A avaliación dos obradoiros realizarase a través da entrega de traballos prácticos tutelados pola docente que suporá o 70%
da cualificación final. Istes traballos deberán ser entregados na data e forma indicada pola docente para poder ser evaluados. 

- A copia de fragmentos de textos sen citar a autoría da fonte significará a non valoración dos exercicios.


- A avaliación da sesión maxistral realizarase a través dun exame teórico-práctico que suporá ó 30% da cualificación final. 


- Será necesario alcanzar o valor medio de cada una das partes para aprobar a asignatura, para iso será obrigatorio superar o exame final (cunha
cualificación mínima de 1,5 puntos) e os exercicios prácticos (cunha cualificación mínima de 3,5 puntos).


- Aqueles estudantes que non completaron o proceso de avaliación continua ou/e que non se presentaron ao exame da convocatoria oficial poderán
optar á segunda oportunidade establecida polo calendario de exames oficiais da Facultade de Ciencias da Comunicación. Nesta convocatoria o
profesor fixará un novo prazo de entrega dos traballos prácticos antes da data prevista para a convocatoria oficial do exame.

- Para o alumnado con recoñecemento de dedicación parcial e dispensa
académica de exención de asistencia os criterios, actividades e o peso que
terán na avaliación serán o mesmo para as dúas oportunidades.

 - En termos xerais, en todos os exercicios prácticos valorarase a capacidade de expresión, análise e síntese; a capacidade crítica, analítica e
reflexiva; a redacción, o estilo e a corrección gramatical e ortográfica, así como o coidado formal na presentación dos exercicios.


- Ortografía: as posibles faltas de ortografía no examen e traballos  suporán a non valoración destes. 





Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes