Recoméndase que o estudante consulte periodicamente a plataforma moodle onde se publicarán avisos, exercicios e parte do material de estudo. Os exercicios entregaranse exclusivamente a través desta plataforma.
Os estudantes que o desexen poden seguir un sistema de avaliación continua, para o que terán que facer unha proba teórica avanzada, realizar unha serie de exercicios a través da plataforma Moodle e asistir a un mínimo de actividades. Todo isto informarase no primeiro día de clase, a información publicarase en Moodle e a execución seguirase a través da mesma plataforma.
Toda exposición oral ou escrita terá que respectar os usos e normas desta demarcación xeográfica da Real Academia Galega ou da Real Academia Española para que poida ser correctamente entendida e, por conseguinte, avaliada.