Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Guión
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A7 A8 A12 B6 Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. 50
Proba mixta A7 A12 B6 A Proba obxectiva pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. Tamén pódese construír cun só tipo dalgunha destas preguntas. Pode ser escrita ou oral, presencial ou online, segundo as circunstancias que a situación sanitaria permita. Parcialmente formará parte da avaliación continua.
50
 
Observacións avaliación

O estudante debe consultar periódicamente a plataforma do Campus Virtual onde se publicarán avisos, datas de entrega, exercicios e parte do material de estudo. Os exercicios entregaranse exclusivamente a través desta plataforma.

Seguirase un sistema de avaliación continua, para o que terán que facer:

1. Unha proba teórica adiantada que suporá o 25% da nota final e que, ainda que sexa obrigatoriamente presencial na aula, o profesor pode plantexala a través do campus virtual, o que require que o estudante leve un equipo axeitado.

2. Realizar unha serie de actividades a través do Campus Virtual con data límite de entrega e, se as cicrunstancias sanitarias lo permiten, asistir a un mínimo de conferencias ou sesións con profesionais. Esto suporá o 50% da avaliación final. Todo isto informarase no primeiro día de clase, publicarase no Campus Virtual e a execución seguirase a través da mesma plataforma do Campus Virtual. 

3. Realizar unha proba teórica na data oficial do examen que suporá o 25% da nota final.

Os guiones dos estudantes poden ser expostos durante as clases e lidos e/ou analizados por compañeiros.

Toda exposición oral ou escrita terá que respectar os usos e normas desta demarcación xeográfica da Real Academia Galega ou da Real Academia Española para que poida ser correctamente entendida e, por conseguinte, avaliada.

Os estudantes con matrícula parcial ou exención académica de asistencia deberán concretar coa profesora o sistema de traballo antes do inicio do curso ou coma moi tarde na primeria semana do mesmo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes