Sesión maxistral |
Nestas clases explicaranse os diferentes temas do programa, para o que se contará co apoio de presentacións power-point, vídeos e diversos materiais que faciliten a explicación dos asuntos abordados e que se empregan habitualmente nas televisións e produtoras audiovisuais. Estas sesións poderán ser presenciais ou non presenciais, en función das medidas sanitarias recomendads no segundo cuatrimestre do curso 20-21. Antes de que dea comezo a asignatura, colgarase un calendario en Moodle, no que se especificarán as sesións que se impartirán de maneira presencial e telemática. |
Traballos tutelados |
Ao longo do cuadrimestre os alumnos deberán realizar diferentes traballos en grupo e indviduais (segundo o cronograma da asignatura) que computarán na nota final.
Os contidos destes traballos son os seguintes
- análise dunha grella de programación. Localización de xéneros por canles
- análise das novas técnicas de programación na contorna dixital
- ideación dun formato |
Presentación oral |
É importante para a formación dos alumnos que se fagan coas técnicas de defensa de proxectos de maneira oral, polo que terán que facer unha presentación oral do formato audiovisual que teñan deseñado e dos traballos prácticos de programación |