Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Formatos de televisión e novos medios
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nestas clases explicaranse os diferentes temas do programa, para o que se contará co apoio de presentacións power-point, vídeos e diversos materiais que faciliten a explicación dos asuntos abordados e que se empregan habitualmente nas televisións e produtoras audiovisuais. Estas sesións poderán ser presenciais ou non presenciais, en función das medidas sanitarias recomendads no segundo cuatrimestre do curso 20-21. Antes de que dea comezo a asignatura, colgarase un calendario en Moodle, no que se especificarán as sesións que se impartirán de maneira presencial e telemática.
Traballos tutelados Ao longo do cuadrimestre os alumnos deberán realizar diferentes traballos en grupo e indviduais (segundo o cronograma da asignatura) que computarán na nota final.
Os contidos destes traballos son os seguintes
- análise dunha grella de programación. Localización de xéneros por canles
- análise das novas técnicas de programación na contorna dixital
- ideación dun formato
Estudo de casos Realizaranse os seguintes estudos de casos:

- revisión de materiais de formatos de entretemento
- análise das tendencias de formatos a nivel internacional
Presentación oral É importante para a formación dos alumnos que se fagan coas técnicas de defensa de proxectos de maneira oral, polo que terán que facer unha presentación oral do formato audiovisual que teñan deseñado e dos traballos prácticos de programación
Proba mixta Un exame escrito no que o alumno terá que demostrar os coñecementos adquiridos
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes