Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Estudo da audiencia
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A4 B9 C1 A avaliación dos obradoiros realizarase a través da entrega de traballos prácticos tutelados e suporá o 60% da cualificación final. 60
Sesión maxistral A6 A8 A11 C2 C3 C4 A avaliación da sesión maxistral realizarase a través dun exame teórico-práctico que suporá ó 40% da cualificación final. 40
 
Observacións avaliación

-  A avaliación dos obradoiros realizarase a través da entrega de traballos prácticos tutelados pola docente que suporá o 60% da cualificación final. Istes traballos deberán ser entregados na data e forma indicada pola docente para poder ser avaliados.

-  A copia de fragmentos de textos sen citar a autoría da fonte significará a non valoración dos exercicios.

-  A avaliación da sesión maxistral realizarase a través dun exame teórico-práctico que suporá ó 40% da cualificación final.

-  Será necesario alcanzar o valor medio de cada una das partes para aprobar a asignatura, para iso será obrigatorio superar o exame final (cunha cualificación mínima de 2 puntos) e os exercicios prácticos (cunha cualificación mínima de 3 puntos). 

- Aqueles estudantes que non completen o proceso de avaliación continua ou/e que non se presentaron ao exame da convocatoria oficial poderán optar á segunda oportunidade establecida polo calendario de exames oficiais da Facultade de Ciencias da Comunicación. Nesta convocatoria o profesor fixará un novo prazo de entrega dos traballos prácticos antes da data prevista para a convocatoria oficial do exame. 

- En termos xerais, en todos os exercicios prácticos valorarase a capacidade de expresión, análise e síntese; a capacidade crítica, analítica e reflexiva; a redacción, o estilo e a corrección gramatical e ortográfica, así como o coidado formal na presentación dos exercicios.

- Para o
alumnado con recoñecemento de dedicación parcial e dispensa académica de
exención de asistencia os criterios, actividades e o peso que terán na
avaliación serán o mesmo para as dúas oportunidades. 

-  Ortografía: as posibles faltas de ortografía no examen e traballos suporán a non valoración destes.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes