Teaching GuideTerm
Faculty of Communication Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Subjects
  Sound and Music
   Methodologies
Methodologies Description
Workshop Desenvolvemento de diferentes actividades de carácter práctico (en grupo) cuxo obxecto é pór en xogo todos aqueles coñecementos que, sobre a ambientación sonora e musical, foron tratados durante as clases expositivas.
A entrega de ditas prácticas efectuarase no tempo e na forma fixados pola profesora.
Research (Research project) Investigación realizada de forma individual cuxo tema, relacionado cos contidos da materia, será proposto pola profesora.
Dita investigación entregarase en formato audio (locución e fragmentos sonoros) en soporte CD.
A presenza dun fragmento, superior a unha frase, copiado supón a anulación do traballo de investigación e -polo tanto- un cero.
Supervised projects Creación dun relato (grupo) únicamente a partir de recursos sonoros (Traballo A)
Deseño sonoro en grupo dun fragmento audiovisual (Traballo B ou Proxecto Final)
Oral presentation Presentación do deseño sonoro dun fragmento audiovisual (Traballo B ou Proxecto Final). Na presentación explicarase o emprego do son -ou a ausencia deste- ademáis de responder a preguntas respecto ás decisións tomadas no plano estético.
Complementariamente os estudantes desenvolverán una rúbrica de avaliación do seu proxecto así como do desenvolvido por outros grupos.
Guest lecture / keynote speech Clase expositiva ilustrada con exemplos de carácter sonoro e/ou audiovisual.
Nas sesións maxistrais realizaranse actividades dirixidas a facilitar a comprensión da materia así como discusións dirixidas, que esixan ao estudantado amosar a adquisición de conceptos e coñecementos sobre a materia.
Naqueles casos en que ditas actividades se establecesen como traballo autónomo fóra da aula, empregaranse fórmulas de seguemento para determinar o grao de cumprimento da tarefa. Nestes casos as sesións maxistrais poderanse destinar á posta en común das tarefas ou a súa corrección colaborativa.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes