Teaching GuideTerm
Faculty of Communication Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Subjects
  Sound and Music
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Clase expositiva ilustrada con exemplos de carácter sonoro e/ou audiovisual. Complementarase con materiais e contidos audiovisuais, en formato pílula, que se porán a disposición do estudantado a través do campus virtual para a súa consulta antes das clases.
Nas sesións maxistrais realizaranse microprobas tipo test, para determinar coñecementos e erros frecuentes na comprensión do material teórico, actividades orientadas a reforzar e facilitar a comprensión da materia, así como discusións dirixidas, que esixan ao estudantado amosar a adquisición de conceptos e coñecementos clave da materia.
Naqueles casos en que ditas actividades se establecesen como traballo autónomo fóra da aula, empregaranse fórmulas de seguemento para determinar o grao de cumprimento da tarefa. Nestes casos as sesións maxistrais poderanse destinar á posta en común das tarefas ou a súa corrección colaborativa.
Seminar Ao longo da materia desenvolveranse diversos encontros con profesionais da comunicación sonora cos que se tratarán aspectos relativos ao deseño e produción, de contidos sonoros-audiovisuais. Estes seminarios contarán cunha compoñente formativa, mais tamén de apoio e titorización dos grupos de traballo (traballos tutelados).
Algunhas destas actividades poderán axendarse fóra do horario da materia (mais sempre evitando solapamentos co horario oficial doutras materias do curso).
Research (Research project) Investigación-análise realizada de forma individual cuxo tema, relacionado cos contidos da materia, será proposto pola profesora. Dita investigación entregarase en formato audio (locución e fragmentos sonoros) .
A presenza dun fragmento, superior a unha frase, copiado supón a anulación do traballo de investigación e -polo tanto- un cero.
Workshop Desenvolvemento de diferentes actividades de carácter práctico cuxo obxecto é pór en xogo todos aqueles coñecementos que, sobre a ambientación sonora e musical, foron tratados durante as clases expositivas.
A entrega de ditas prácticas efectuarase de forma habitual ao rematar a clase ou, de ser o caso, no tempo e forma que sinale a docente.
Supervised projects Ideación e planificación en grupo dun proxecto sonoro de carácter seriado cuxa forma, estilo, linguaxe, temática e/ou enfoque resulten innovadores. Deseño e produción integra dun dos episodios-pezas da proposta planeada, a modo de piloto.
Oral presentation Presentacións do proxecto sonoro en diversas fases. Estas presentacións desenvolveranse ao comezo da actividade, na fase de ideación, e -a lo menos- nunha das fases finais de produción do contido.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes