Teaching GuideTerm
Faculty of Communication Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Subjects
  Sound and Music
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Oral presentation A7 A12 B2 B4 B6 C2 Presentación oral do "Proxecto final". Nesta presentación cada grupo deberá explicar o seu deseño sonoro, especialmente no que respecta ás decisións narrativas e estéticas, e responder ás preguntas dos/as compañeiros/as.

Cada un dos proxectos finais será avaliado polos estudantes a partir dunha rúbrica de avaliación proposta pola profesora.

Para a avaliación da presentación oral débense cumplir os seguintes requerimentos: (1) asistir e participar na presentación (propia e na dos restantes grupos), (2) entregar a rúbrica de avaliación cumprimentada e (3) ter entregado o "Proxecto final" (traballo tutelado B) en tempo e forma.
10
Guest lecture / keynote speech A1 A2 A4 A7 A9 A11 A12 B7 B9 No marco das sesións maxistrais, ou relacionadas con éstas, desenvolveranse actividades e exercicios prácticos, así como discusións dirixidas, orientados á consolidación dos contidos teóricos.
Estas prácticas teñen un valor global de 2 puntos (variando en función do número de prácticas entregadas e a calidade das mesmas).
Só se admitirán prácticas entregadas en tempo e forma. Práctica que non cumpra eses requerimentos quedará anulada cunha valoración de 0 puntos.
Para sumar a avaliación destas actividades á nota final do curso o/a estudante ten que ter asistido ao 80% das horas prácticas da asignatura (grupo mediano).
20
Research (Research project) A1 A4 A7 A10 A11 A12 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 O traballo de análise-investigación, sobre un tema proposto pola profesora, será realizado de forma individual e entregado en formato audio (vía Moodle).
Ten unha valoración máxima de 2 puntos.
No caso de que se detecte que parte/totalidade do devandito traballo está copiado (até un máximo dunha frase ou corte de audio en todo o arquivo) este quedará anulado cunha valoración de 0 puntos.

Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos quedarán anulados cunha valoración de 0 puntos.

Para a avaliación do proxecto de investigación o/a estudante ten que ter asistido ao 80% das horas prácticas da materia (grupo mediano).
20
Workshop A1 A2 A8 A9 A10 A12 C2 As prácticas grupais teñen unha valoración total de 1 punto (variando en función do número de prácticas entregadas e calidade das mesmas).
Só se admitirán prácticas entregadas en tempo e forma. Práctica que non cumpra eses requerimentos quedará anulada cunha valoración de 0 puntos.
Para a avaliación das prácticas de obradoiro o/a estudante ten que ter asistido ao 80% das horas prácticas da materia (grupo mediano).
Asemade, para a avaliación de cada práctica entregada cómpre ter asistido á sesión presencial correspondente.
10
Supervised projects A1 A2 A3 A7 A10 A12 B2 C1 C2 C3 C4 De realización grupal e entrega en soporte CD (salvo outra indicación da profesora).
Conta cunha valoración máxima de 4 puntos (1,5+2,5) distribuídos da seguinte maneira:
· até 1,5 punto pola construción dun relato exclusivamente con sons (traballo A)

· até 2,5 puntos polo deseño sonoro e dobraxe dun fragmento audiovisual proposto pola profesora (traballo B ou "Proxecto final"). Parte desta nota (até 0,5 puntos) virá determinada polas rúbricas de avaliación propia e dos/as compañeiros/as.

Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos obterán una valoración de 0 puntos.

Para a avaliación dos traballos tutelados o/a estudante ten que ter asistido ao 80% das horas prácticas da materia (grupo mediano).

40
 
Assessment comments

Coa proposta de cada traballo e/ou actividade a profesora explicará polo miúdo o contido, as normas estéticas e formais, así como o tipo de soporte e data de entrega.

Para superar a materia na CONVOCATORIA DE XUÑO (sistema de avaliación continua) o/a estudante deberá:

· Asistir como mínimo ao 80% das horas prácticas da materia (permitirase un máximo de tres faltas xustificadas ou non xustificadas). Entenderase como asistencia a presencialidade durante o 80% do tempo programado para cada sesión, salvo circunstancias imponderables debidamente xustificadas. Dentro desta salvidade non se inclúe o feito de estar a cursar outra materia: na selección do grupo de prácticas o/a estudante debe ter en conta as posibles colisións con horarios doutras materias e cursos.

· Obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total das avaliacións dos diversos traballos e prácticas da materia. Neste cómputo non se inclúen os exercicios non orixinais do/a estudante así como tampouco aqueles traballos entregados fóra de prazo ou nun formato diferente ao indicado.
Dado o obxecto da materia, todo traballo que careza de son nunha parte ou na súa totalidade será anulado e -por tanto- contará cun 0 na súa avaliación.

Para superar a materia na CONVOCATORIA DE XULLO o/a estudante deberá aprobar o exame na data oficial (cun mínimo de 5 puntos). Esta proba teórica, de preguntas breves, versará sobre os contidos do libro de Chion, M.(1993). "LA AUDIOVISION: INTRODUCCION A UN ANÁLISIS CONJUNTO DE LA IMAGEN Y EL SONIDO" Barcelona: Paidós Ibérica.

Este exame constituirá o 100% da nota final.

Asemade aqueles/as estudantes que na avaliación continua teñan superado número de faltas permitido, ou que na nota final de xuño queden por debaixo do umbral do 5 (o 50% da puntuación global), deberán presentarse e aprobar a proba teórica na convocatoria oficial de xullo. En calquera caso dito exame constituirá o 100% da nota final na convocatoria de xullo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes