Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Ambientación sonora e musical
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A7 A12 B2 B4 B6 C2 Presentación oral do "Proxecto final". Nesta presentación cada grupo deberá explicar o seu deseño sonoro, especialmente no que respecta ás decisións narrativas e estéticas, e responder ás preguntas dos/as compañeiros/as.

Cada un dos proxectos finais será avaliado polos estudantes a partir dunha rúbrica de avaliación proposta pola profesora.

Para a avaliación da presentación oral débense cumplir os seguintes requerimentos: (1) asistir e participar na presentación (propia e na dos restantes grupos), (2) entregar a rúbrica de avaliación cumprimentada e (3) ter entregado o "Proxecto final" (traballo tutelado B) en tempo e forma.
10
Sesión maxistral A1 A2 A4 A7 A9 A11 A12 B7 B9 No marco das sesións maxistrais, ou relacionadas con éstas, desenvolveranse actividades e exercicios prácticos, así como discusións dirixidas, orientados á consolidación dos contidos teóricos.
Estas actividades teñen un valor global de 2,5 puntos (variando en función do número e a calidade dos exercicios entregados). Só se admitirán aqueles exercicios prácticos entregados en tempo e forma. Aquelas entregas que non cumpran eses requerimentos quedarán anuladas cunha valoración de 0 puntos.
25
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A4 A7 A10 A11 A12 B3 B4 B5 B6 B8 B9 C2 O traballo de análise-investigación, sobre un tema proposto pola profesora, será realizado de forma individual e entregado en formato audio (vía Moodle).
Ten unha valoración máxima de 2 puntos.
No caso de que se detecte que parte/totalidade do devandito traballo está copiado (até un máximo dunha frase ou corte de audio en todo o arquivo) este quedará anulado cunha valoración de 0 puntos.

Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos quedarán anulados cunha valoración de 0 puntos.
20
Obradoiro A1 A2 A8 A9 A10 A12 C2 As prácticas grupais teñen unha valoración total de 1 punto (variando en función do número de prácticas entregadas e calidade das mesmas).
Só se admitirán prácticas entregadas en tempo e forma. Práctica que non cumpra eses requerimentos quedará anulada cunha valoración de 0 puntos.
Para o cómputo das prácticas de obradoiro o/a estudante ten que ter desenvolvido o 80% das prácticas da materia (grupo mediano).
10
Traballos tutelados A1 A2 A3 A7 A10 A12 B2 C1 C2 C3 C4 De realización grupal.
Conta cunha valoración máxima de 3,5 puntos (1 +2,5) distribuídos da seguinte maneira:
· até 1 punto pola construción dun relato exclusivamente con sons (traballo A)

· até 2,5 puntos polo deseño sonoro e dobraxe dun fragmento audiovisual proposto pola profesora (traballo B ou "Proxecto final"). Parte desta nota (até 0,5 puntos) virá determinada polas rúbricas de avaliación propia e dos/as compañeiros/as.

Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos obterán una valoración de 0 puntos.

35
 
Observacións avaliación

Coa proposta de cada traballo e/ou actividade a profesora explicará polo miúdo o contido, as normas estéticas e formais, así como o tipo de soporte e data de entrega.

Para superar a materia na CONVOCATORIA DE XUÑO (sistema de avaliación continua) o/a estudante deberá obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total das avaliacións dos diversos traballos e prácticas da materia. Neste cómputo non se inclúen os exercicios non orixinais do/a estudante así como tampouco aqueles traballos entregados fóra de prazo ou nun formato diferente ao indicado.
Dado o obxecto da materia, todo traballo que careza de son nunha parte, ou na súa totalidade, será anulado e -por tanto- contará cun 0 na súa avaliación.

Para superar a materia na CONVOCATORIA DE XULLO o/a estudante deberá: 

  • Entregar de forma individual o deseño sonoro íntegro dunha peza audiovisual, proposta pola docente, co correspondente dossier [seguindo as normas do "Proxecto final", traballo tutelado B]. Este traballo e a súa presentación, na que se xustifiquen aquelas decisións tomadas en canto ao son, terá un valor de 70% na nota final (60% proxecto + 10% presentación). Para a súa avaliación deberase entregar na data oficial de exame, no formato sinalado pola profesora (tanto a peza audiovisual co son íntegro, e o dossier).
  • Aprobar o exame (50% puntos) na data oficial. Esta proba teórica, de preguntas breves, versará sobre os contidos do libro "Sonidos que cuentan. La ambientación sonora en el audiovisual." Barcelona: UOC. Este exame constituirá o 30% da nota final. 

En calquera caso, para

superar a materia débese aprobar o exame

(5 puntos ou 1,5 ponderado)

e obter, como mínimo, unha puntuación de 5 na nota final. 

Asemade aqueles/as estudantes que na avaliación continua (xuño) queden por debaixo do umbral do 5 (o 50% da puntuación global), deberán presentarse de toda a materia -teoría e práctica- na convocatoria de xullo, seguindo as indicacións e requerimentos desta convocatoria. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes