Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Ambientación sonora e musical
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Presentación oral A7 A12 B2 B4 B6 C2 Presentacións oral do proxecto sonoro (traballo tutelado) nas súas diferentes fases. Nestas presentacións cada grupo deberá explicar o seu proxecto (en función do momento en que se desenvolvan poderán presentar a idea, o desenvolvemento do produto, decisións narrativas e estéticas...) e responder as cuestións dos/as compañeiros/as.

As presentacións tamén implican unha participación activa da aula, con suxestións, propostas ou valoracións que poidan mellorar o resultado final.

Para a avaliación das presentacións orais débense cumplir os seguintes requerimentos: (1) asistir e participar en cada presentación (propia e na dos restantes grupos), (2) entregar un formulario de valoración-propostas de mellora.
10
Sesión maxistral A1 A2 A4 A7 A11 A12 B7 B9 No marco das sesións maxistrais, ou relacionadas con éstas, desenvolveranse actividades, test, exercicios prácticos, así como discusións dirixidas, orientadas á consolidación dos contidos teóricos.
Estas actividades teñen un valor global de 2 puntos (variando en función do número e a calidade dos exercicios entregados e /ou das actividades nas que se participe). Só se admitirán aqueles exercicios entregados en tempo e forma. Aquelas entregas que non cumpran eses requerimentos quedarán anuladas cunha valoración de 0 puntos.
20
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A4 A7 A10 A11 A12 B3 B4 B6 B8 B9 C2 O traballo de análise-investigación, sobre un tema proposto pola profesora, será realizado de forma individual e entregado en formato audio (vía Moodle).
Ten unha valoración máxima de 1,5 puntos: avaliación da profesora ata 1 punto, e coavaliación de compañeiros/as segundo cuestionario ata 0,5 puntos.

No caso de que se detecte que parte/totalidade do devandito traballo está copiado (até un máximo dunha frase ou corte de audio en todo o arquivo) este quedará anulado cunha valoración de 0 puntos.

Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos quedarán anulados cunha valoración de 0 puntos.
15
Obradoiro A1 A2 A8 A10 A12 C2 As prácticas de obradoiro contan cunha valoración máxima de 2 puntos na nota final. A súa avaliación vai a depender do número de prácticas entregadas en tempo e forma, así como da calidade dos traballos e a reflexión crítica sobre os mesmos desenvolvida no e-portafolio do estudante.

Para o cómputo das prácticas de obradoiro o/a estudante ten que ter asistido, desenvolvido e entregado -a lo menos- o 80% das prácticas tipo obradoiro (prácticas de grupo mediano), ademáis do correspondente portafolio final.

Só se admitirán as prácticas/portafolios entregados en tempo e forma.
O incumprimento destes requerimentos implicará a anulación da entrega e, polo tanto, da súa valoración (cero puntos).

20
Traballos tutelados A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B6 B8 B9 C1 C3 C4 De realización grupal.
Conta cunha valoración máxima de 2,5 puntos. Parte desta nota (até 0,5 puntos) virá determinada polas rúbricas de avaliación propia e dos/as compañeiros/as.

Só se admitirán traballos entregados en tempo e forma. Aqueles traballos que non cumpran os requerimentos obterán una valoración de 0 puntos.
25
Seminario A1 A2 A3 A10 A12 B2 B3 B4 A asistencia e participación (activa) nos seminarios profesionais, así como a atención ás cuestións tratadas nestes, dentro do proxecto sonoro, terán unha valoración de ata un punto na nota final. 10
 
Observacións avaliación

Coa proposta de cada traballo e/ou actividade a profesora explicará polo miúdo o contido, as normas estéticas e formais, así como o tipo de soporte e data de entrega. Nesta explicación e, en xeral, na materia promoverase a reflexión crítica en torno aos condicionantes das desigualdades existentes nos ámbitos dea produción, recepción e contidos sonoros-audiovisuais, con especial énfase no que respecta as crenzas, estereotipos e roles de xénero (na liña do ODS5). Con este cometido valorarase  positivamente a inclusión da perspectiva de xénero nos exercicios, prácticas e proxectos  así como o emprego dunha linguaxe inclusiva en su desarrollo.  

Para superar a materia na PRIMEIRA CONVOCATORIA (sistema de avaliación continua) o/a estudante deberá obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total das avaliacións dos diversos traballos e prácticas da materia. Neste cómputo non se inclúen os exercicios non orixinais do/a estudante así como tampouco aqueles traballos entregados fóra de prazo ou nun formato diferente ao indicado.
Dado o obxecto da materia, todo traballo que careza de son nunha parte, ou na súa totalidade, será anulado e -por tanto- contará cun 0 na súa avaliación.

No caso do alumnado a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de asistencia a avaliación da parte teórica (clase maxistral 20% da nota) levarase a cabo a través dunha proba obxectiva de resposta curta, na data oficial do exame. Na mesma liña poderase establecer un calendario alternativo (e equitativo) de entregas para as prácticas tipo obradoiro.

Para superar a materia na SEGUNDA CONVOCATORIA  o/a estudante deberá: 

  • Entregar de forma individual o deseño sonoro íntegro dunha peza audiovisual, proposta pola docente (peza e normas para o seu desenvolvemento se facilitarán a través do campus virtual), co correspondente dossier. Este traballo e a súa presentación, na que se xustifiquen aquelas decisións tomadas en canto ao son, terá un valor de 70% na nota final (60% proxecto + 10% presentación). Para a súa avaliación deberase entregar na data oficial de exame, no formato sinalado pola profesora (tanto a peza audiovisual co son íntegro, e o dossier).
  • Aprobar o exame (50% puntos) na data oficial. Esta proba teórica, de preguntas breves, versará sobre os contidos do libro "Sonidos que cuentan. La ambientación sonora en el audiovisual." Barcelona: UOC. Este exame constituirá o 30% da nota final. 

En calquera caso, para superar a materia débese aprobar o exame (5 puntos ou 1,5 ponderado) e obter, como mínimo, unha puntuación de 5 na nota final. 

No caso de que se detecte a realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, debidamente comprobada, implicará un suspenso "0" na materia da convocatoria correspondente, invalidando así toda cualificación obtida nas actividades de avaliación.

Asemade aqueles/as estudantes que na avaliación continua (primeira convocatoria) queden por debaixo do umbral do 5 (o 50% da puntuación global), incluídas aquelas personas que desenvolveran algunha acción fraudulenta na primeira convocatoria, deberán presentarse de toda a materia -teoría e práctica- na convocatoria de xullo, seguindo as indicacións e requerimentos desta convocatoria. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes