Esta materia propón dar a coñecer os procesos de elaboración e creación de obras audiovisuais para televisión, así como os elementos básicos de narración. Preténdese que o alumno adquira os fundamentos teóricos e técnicos, así como as habilidades instrumentais suficientes para afrontar, desde o punto de vista narrativo e estético, a elaboración de productos audiovisuais.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Mantéñense todas as metodoloxías docentes pero adáptanse á docencia non presencial.
*Metodoloxías docentes que se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
-Moodle: é a canle oficial de información aos estudantes con todas as cuestións que afectan á materia. Publicarase información segundo avance a materia.
-Correo electrónico personalizado: dispoñible en horario laboral para consultas, solicitar encontros virtuais, resolver dúbidas e facer seguimento das prácticas.
-Microsoft Teams: titorías persoais ou grupais. Sempre que os estudantes así o solicíten ou o docente o considere necesario.
4. Modificacións na avaliación:
Proba mixta: mantén o mesmo valor. Exame a través de Moodle. Mantense a necesidade de aprobar esta parte e tamén cada unha das prácticas para superar a materia.
*Observacións de avaliación:
No caso de problemas de conexión, conectividade telemática ou de acceso ao ordenador o día da entrega ou celebración das probas de avaliación, buscaranse alternativas con estes/as estudantes con posibilidade de realizar esta/s proba/s en distintos horarios ou en distinta modalidade.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Se é necesario, as fontes de información poñeranse ao dispor dos estudantes en formato dixital.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías