Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Ferramentas web avanzadas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Ferramentas web avanzadas Código 616G01036
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Computación
Coordinación
Gomez Garcia, Angel
Correo electrónico
angel.gomez@udc.es
Profesorado
Gomez Garcia, Angel
Martinez Perez, Maria
Correo electrónico
angel.gomez@udc.es
maria.martinez@udc.es
Web
Descrición xeral Actualmente existen múltiples ferramentas software que nos permiten dotar aos proxectos audiovisuais de mecanismos que facilitan aspectos tan importantes como a correcta edición, organización e publicación de información a través da Web. Entre estas ferramentas teremos: sistemas de xestión de blogs, sistemas de xestión de contidos deseñados para aplicacións específicas, sistemas de xestión orientados a proporcionar capacidades de colaboración directa con outros usuarios, sistemas capaces de integrar todo tipo de arquivos (texto, audio, vídeo) para o seu correcto acceso e visualización en rede, etc. O obxectivo principal desta materia é dar a coñecer aos alumnos a existencia destas ferramentas avanzadas e aprender a administrar algunhas das máis utilizadas para a súa integración na creación e xestión de proxectos audiovisuais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizan cambios nos contidos da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen A maior parte das metodoloxías docentes mantéñense pero adaptando a súa realización á docencia exclusivamente non presencial mediante as ferramentas proporcionadas pola UDC (Moodle, Teams, email). Así temos: - Traballos tutelados: por medio do canal de Teams da materia para o seguimento e consulta. A entrega realízase nunha tarefa de Moodle. - Prácticas de laboratorio: por medio do canal de Teams da materia para a exposición e consultas das prácticas. Ademais, a contorna de desenvolvemento das prácticas permite que sexan realizadas nos equipos dos alumnos. A entrega realízase nunha tarefa de Moodle. - Presentación oral: a exposición dos traballos tutelados farase por medio do canal de Teams da materia e en casos excepcionais mediante o envío dun vídeo gravado polos alumnos. A entrega realízase nunha tarefa de Moodle. - Sesión maxistral: por medio do canal de Teams da materia. A documentación publícase en Moodle. *Metodoloxías docentes que se modifican A principal modificación realizada na metodoloxía docente correspóndese co exame de coñecementos da materia. Así temos: - Proba obxectiva: no caso dunha situación excepcional e tendo en conta que se está a realizar unha avaliación continua mediante traballos prácticos de cada tema, podería substituírse a proba obxectiva pola entrega dunha tarefa alternativa. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Moodle. Temporalización: Semanal. Realízase a publicación dos contidos, tarefas, mensaxes en foros, etc. necesarios para o seguimento normal da materia. Ademais, independentemente destas publicacións, respóndese ás consultas do alumnado nos foros en canto é posible. - Teams. Temporalización: Semanal. Emprégase para a docencia non presencial da materia, cumprindo os horarios do calendario académico establecidos polo centro. Ademais, independentemente deste horario, respóndese ás consultas do alumnado no canal de Teams da materia en canto é posible. - Email. Temporalización: Puntual. Emprégase para contactar ou responder ás dúbidas do alumnado. A resposta realízase en canto é posible. 4. Modificacións na avaliación *Metodoloxía: Peso na cualificación-Descrición - Traballos tutelados: 40%-Avaliarase a calidade dos proxectos realizados nos diferentes aspectos da materia. - Prácticas de laboratorio: 40%-Seguimento das prácticas de laboratorio. - Presentación oral: 20%-Exposición dos traballos tutelados. - Proba obxectiva: 0%-Proba de avaliación dos coñecementos teórico/prácticos da materia. *Observacións de avaliación: No caso dunha situación de excepcionalidade e tendo en conta que se está a realizar unha avaliación continua mediante traballos prácticos de cada tema, podería substituírse a proba obxectiva pola entrega dunha tarefa alternativa. Neste caso o peso da avaliación da proba redistribúese entre o resto das metodoloxías para adaptarse á nova situación. Estes criterios aplícanse á avaliación dos alumnos que se presenten tanto á primeira como á segunda oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizan cambios na bibliografía.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes