A asistencia é obrigatoria, salvo dispensa
solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica Universitaria
do título, e sempre respetando as normativas de asistencia a clase das tres
universidades participantes no título, así como os sistemas de avaliación que
figuran expresamente nas guías docentes das diferentes materias, e sen prexuízo
das consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a ausencia a
determinadas sesións presenciais.
Quen
teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa de
permanencia da universidade, será avaliado seguindo os criterios aplicables á oportunidade
de xullo.
Quen
non leve a cabo o traballo tutelado, ou non teña realizado traballo igual ou
superior ao 50% do resto das categorías de avaliación, acadará a cualificación
de Non Presentado.
Quen non aprobe na primeira oportunidade terá á posibilidade da oportunidade
de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as
competencias da materia mediante dous tipos de avaliación: un traballo tutelado
do mesmo valor porcentual e natureza que na primeira oportunidade, máis os exercicios
convidos que poidan suplir o resto das actividades.