Teaching GuideTerm
Faculty of Communication Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Uso profesional do galego
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O/a estudante deberá entregar un traballo colectivo (máximo, 3 estudantes por grupo), fixado polo profesorado no inicio do curso. Con este traballo preténdese fomentar a aprendizaxe autónoma e a colaboración entre o alumnado.
Sesión maxistral As sesións maxistrais consistirán en exposicións orais de carácter teórico-práctico á volta dos contidos básicos da materia. Nestas aulas utilizaranse diversos textos seleccionados especificamente para a análise e a comprensión dos contidos; resolveranse as dúbidas a respecto dos temas propostos e facilitarase bibliografía específica. Nestas sesións guiarase o alumnado no proceso de aprendizaxe e mostraranse recursos que faciliten o desenvolvemento do traballo autónomo.
Obradoiro Os obradoiros son aulas centradas no desenvolvemento de prácticas de produción escrita (resolución de exercicios, corrección e elaboración de textos).
Presentación oral Os/as alumnos/as deberán presentar oralmente o traballo colectivo. Nesta proba oral poderán empregarse textos, deseños ou materiais audiovisuais como apoio.
Proba mixta Proba con exercicios de diferente tipo en que se avalían os coñecementos e as competencias adquiridas a través das sesións maxistrais e das aulas de obradoiro.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes