Teaching GuideTerm
Faculty of Communication Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Subjects
  Professional Use of Galician
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A1 A2 A7 A12 B6 B7 B8 B9 C2 C4 O profesorado encomendará un traballo tutelado, que será realizado de forma colaborativa por grupos de até 3 persoas. No traballo aplicaranse os coñecementos adquiridos sobre lingua galega a algún proxecto relacionado coa comunicación audiovisual.
40
Workshop A1 A2 A7 A12 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C4 Ao longo do cuadrimestre serán realizados diferentes exercicios prácticos na sesións presenciais. Serán avaliados a súa entrega, o uso adecuado dos recursos e metodoloxías suxeridas e a progresión no proceso de aprendizaxe. 15
Oral presentation A1 A12 B6 Os/as alumnos/as terán que realizar unha presentación oral do traballo colectivo, orientada á demostración da súa competencia comunicativa. 10
Mixed objective/subjective test A1 A7 B6 B8 C2 Nesta proba o alumnado terá que realizar diferentes exercicios de corrección e produción de textos, para avaliar os coñecementos e competencias adquiridas durante todo o cuadrimestre. 35
 
Assessment comments

O traballo tutelado, a presentación oral e a proba mixta teñen carácter obrigatorio. Para superar a materia será condición indispensábel obter unha cualificación mínima de 4 puntos, sobre 10, tanto no traballo tutelado como na proba mixta. Aplicarase unha penalización do 25% sobre a cualificación final do traballo tutelado se este for entregado fóra de prazo sen causa xustificada.

Considerarase non presentado na materia quen non entregar o traballo tutelado, non fixer a presentación oral e/ou non se presentar á proba mixta.

Na segunda oportunidade (convocatoria de xullo) será aplicado o mesmo sistema de avaliación da primeira convocatoria. Os/as estudantes que non superasen a materia terán que entregar o traballo tutelado só se este non foi entregado na convocatoria anterior ou se non obtivo unha cualificación mínima de 4 puntos, sobre 10. No seu caso, o prazo de entrega dos traballos concluirá na data oficial do exame da materia estabelecida pola facultade.

O estudantado a tempo parcial e con dispensa académica será avaliado da seguinte maneira: traballo tutelado (60%) e proba mixta (40%). O prazo de entrega dos traballos concluirá na data oficial do exame da materia estabelecida pola facultade.

O alumnado que se presente á convocatoria adiantada de decembro será avaliado co mesmo sistema previsto para o estudantado a tempo parcial e con dispensa académica. Deberá entrar en contacto co profesor antes de acabar o mes de novembro.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes