A materia describe as distintas tecnoloxías de visualización 3D interactiva, a súa problemática específica e proceso de produción, así como a súa aplicación en ámbitos como a simulación en tempo real, os videoxogos ou os mundos virtuais. Nela, o estudante adquire xunto cos coñecementos teóricos a práctica na produción dun ámbito tridimensional interactivo mediante o uso de software de grande implantación na industria.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense as metodoloxías docentes. As sesións maxistrais grávanse en vídeo e publícanse á hora do comezo das clases, así como a resolución das prácticas, que tamén se facilitan en vídeo e fanse síncronamente en horas de clase. Durante a duración das clases, o profesor está en liña atendendo dúbidas.
As presentacións orais de traballos faranse a través de Teams, ou a través dunha presentación PowerPoint acompañada dun vídeo do gameplay do traballo.
Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Teams - Reunión telepresencial unha vez á semana, durante as clases.
- En titorías, en caso de ser solicitadas polos estudantes
Moodle - Semanalmente publicaranse materiais docentes do tema en curso.
4. Modificacines na avaliación
Non hai modificacións
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Mantéñense todos os recursos bibliográficos recomendados accesibles por Internet.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías