Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Prácticas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Prácticas Código 616G01045
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Puentes Rivera, Iván
Correo electrónico
i.puentes@udc.es
Profesorado
Puentes Rivera, Iván
Correo electrónico
i.puentes@udc.es
Web
Descrición xeral O desenvolvemento de prácticas en entidades externas supón unha oportunidade para que @s futur@s graduad@s en Comunicación Audiovisual entren en contacto coa realidade laboral e adquiran habilidades dirixidas ao ámbito profesional. Co obxcetivo de dotar ao alumnado de Comunicación Audiovisual dunha formación práctica, complementaria á académica, que lle permita desenvolver as competencias adquiridas ao longo da súa formación universitaria, téñense incorporado ditas prácticas externas como materia optativa no Plano de Estudos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai modificcaións. Dado que a materia consiste na realización de prácticas profesionais en empresas e entidades, independentemente da situación sanitaria e da modalidade de traballo pola que se opte, sempre de acordo cos protocolos da organización na que o alumno/a estea a realizar a súa formación, non existirán cambios no contido da materia, sempre relacionado, incluso no caso de suspensión definitiva das prácticas e a súa substitución por tarefas alternativas, co traballo previsto inicialmente no proxecto formativo de cada quen. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas, baseadas sempre na titorización a cargo dun profesional da empresa ou entidade e a titorización académica do profesor responsable da materia, independentemente de que se teña que mudar de modalidade presencial a online ou semipresencial ou de calquera outro cambio determinado polos protocolos da entidade en cuestión, á que se aterá sempre o alumnado. *Metodoloxías docentes que se modifican Ningunha, salvo no caso de cancelación das prácticas e imposibilidade de realizar unhas alternativas, situación na que o titor académico asumirá a totalidade da responsabilidade docente, baseada nos traballos ou tarefas substitutorios que, de acordo cos protocolos aprobados pola UDC, se podan determinar en cada caso para superar a materia. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Resolución de dúbidas a través do correo electrónico e titorías personalizadas a través de Microsoft Teams e Moodle, previa concertación de día e hora por e-mail. 4. Modificacións na avaliación Non hai modificaións, agás no caso de cancelación das prácticas e imposibilidade de realizar unhas alternativas, situación na que, de acordo cos protocolos da UDC ao respecto nese momento, poderíase, de ser o caso, someter a avaliación o traballo do alumno/a sempre que tivera realizadas, como mínimo, o 50% dos horas prácticas necesarias para superar a materia, é dicir, 75. En caso contrario, tamén de acordo co marco normativo da Universidade á data, a avaliación fundamentarase exclusivamente nos traballos e tarefas alternativas que por parte do titor académico se podan indicar, que serán, en todo caso, sempre ecuánimes, pero diferentes para cada alumno/a, posto que estarán adaptados individualmente ao perfil profesional, traballo previo na entidade de prácticas e situación persoal de cada quen. *Observacións de avaliación: Non hai modificacións, segue sendo preciso obter, como mínimo, 5 puntos sobre 10 no traballo (prácticas en empresa ou tarefas alternativas nos supostos indicados) para poder aprobar a materia. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificcaións. En todo caso, recoméndase ao alumnado que se vexa afectado pola supresión definitiva das súas prácticas que incremente notablemente a consulta das fontes bibliográficas recomendadas, substituíndo parte das horas de traballo na empresa ou entidade en cuestión, pola lectura, o manexo de bibliogarfía e a consulta de fontes documentales de referencia, a fin de mellorar a súa formación intelectual en relación co perfil profesioanal escollido.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes