Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Prácticas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Prácticas Código 616G01045
Titulación
Grao en Comunicación Audiovisual
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Optativa 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Piñeiro Otero, Maria Teresa
Correo electrónico
teresa.pineiro@udc.es
Profesorado
Piñeiro Otero, Maria Teresa
Correo electrónico
teresa.pineiro@udc.es
Web
Descrición xeral O desenvolvemento de prácticas en entidades externas supón unha oportunidade para que @s futur@s graduad@s en Comunicación Audiovisual entren en contacto coa realidade laboral e adquiran habilidades dirixidas ao ámbito profesional. Co obxcetivo de dotar ao alumnado de Comunicación Audiovisual dunha formación práctica, complementaria á académica, que lle permita desenvolver as competencias adquiridas ao longo da súa formación universitaria, téñense incorporado ditas prácticas externas como materia optativa no Plano de Estudos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai modificacións. 2. Metodoloxías docentes que se manteñen. Todas. Neste senso, se o contexto o fixera preciso, poderían introducirse modificacións no plano formativo (derivados de cambios na modalidade ou suspensión temporal das prácticas) así como nas formas de titorización establecidas para adaptarse a situación concreta de cada estudante/entidade de prácticas. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Resolución de dúbidas a través do correo electrónico e do campus virtual; titorías personalizadas a través de Microsoft Teams e Moodle, previa concertación de día e hora por e-mail. 4. Modificacións na avaliación De forma excepcional no caso de que o contexto sanitario leve á cancelación das prácticas, e non haxa posibilidade de reubicar ao/á estudante noutra entidade, poderían someterse a avaliación sempre que se teña superado o 50% das horas establecidas para a materia. No caso de que a suspensión fose anterior ao desenvolvemento da metade da estadía de prácticas, proporíase un sistema de avaliación alternativo, de acordo coa normativa da Universidade, para superar a materia. Neste sistema proporíanse tarefas e actividades ao/a alumno/a en función do seus intereses de especialización tendo en conta o perfil das prácticas na entidade e a súa situación persoal. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes