Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Prácticas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A3 A5 A6 A7 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 O/a titor/a da empresa elaborará un informe final, no modelo oficial da UDC, a fin de valorar as competencias adquiridas polo/a alumno/a durante as prácticas, segundo a escala numérica e ítems incluídos no sinalado formulario.

A nota da simulación de prácticas fixarase a partir desa valoración das competencias adquiridas, ata un total de 8 puntos.
80
Portafolios do alumno A4 A8 A9 B3 B4 B6 Deberase entregar unha memoria final do/a alumno/a con toda a información sobre as prácticas desenvolvidas, os coñecementos e competencias adquiridos en relación coa titulación, así como unha reflexión crítica sobre a súa aprendizaxe durante o período de prácticas preprofesionais.

Nesta memoria tamén se incluirá un resumo-valoración das actividades-eventos que ao longo do curso sexan convocados como parte da materia.

Esta memoria será avaliada pola titora de prácticas da Facultade ata un total de 2 puntos. Ademais da súa estrutura e contido, na avaliación da memoria-portafolio terase en conta a presentación, redacción e corrección ortografía.

20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia cómpre ter aprobadas ambas as partes: memoria e "Traballos tutelados". No caso contrario só se podería recuperar a parte do "Portafolios" na segunda convocatoria (entrega antes do 28 de setembro). 

Para a avaliación na primeira oportunidade cómpre que o alumnado finalice o período de prácticas e entregue a memoria antes do 5 de xullo. De non ser así pasaría a avaliarse na segunda oportunidade

Debido ás características desta materia non se establecen sistemas de avaliación alternativos para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia se ben, sempre de acordo coa entidade de prácticas, podería terse en conta esta particularidade na elaboración do Plano Formativo.

O abandono das prácticas sen causa xustificada, con independencia do número de horas efectuadas, suporá un suspenso nos "Traballos tutleados" e -por tanto- na materia.

No caso de que este abandono estea xustificado, corresponderá á Comisión valorar a situación coa documentación pertinente aportada polo/a alumno/a e as persoas encargadas da súa titorización (entidade-facultade). 

Calquera memoria que conte cun fragmento superior a unha frase copiado será anulada, co consecuente suspenso na materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes