Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias de la Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Prácticas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A1 A2 A3 A5 A6 A7 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 O titor/a da empresa elaborará un informe final, no modelo oficial da UDC, a fin de valorar as competencias adquiridas polo alumno/a durante as prácticas, segundo a escala numérica e ítems incluídos no sinalado formulario.

A nota da simulación de prácticas fixarase a partir desa valoración das competencias adquiridas, ata un total de 8 puntos.
80
Portafolios do alumno A4 A8 A9 B3 B4 B6 Deberase entregar, no modelo oficial da UDC, unha memoria final do alumno/a con toda a información sobre as prácticas desenvolvidas. Este instrumento permitirá ao titor académico coñecer o grao de profesionalización do coñecemento teórico acadado polo alumno/a durante o seu período de prácticas a través da aprendizaxe.

Esta memoria será valorada polo titor de prácticas da Facultade, ata un total de 2 puntos.
20
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia fai falta ter aprobadas ambas as partes, memoria do alumno/a e simulación, no caso contrario podería recuperarse a parte "memoria" na convocatoria extraordinaria de setembro.

Para ser avaliado na convocatoria de xuño fai falta que o alumnado finalice o período de prácticas e entregue a memoria na data oficial do exame. Se non fora así, constaríalle como non presentado na convocatoria de xuño, deixando a cualificación para a convocatoria de setembro.

O abandono das prácticas sen causa xustificada, con independencia do número de horas efectuadas, suporá un suspenso na simulación e -por tanto- na materia.

No caso de que este abandono estea xustificado, corresponderá á Comisión valorar a situación coa documentación médica ou legal necesaria.

Ademais da súa estrutura e contido, axustado ao modelo oficial da UDC, na avaliación da memoria terase tamén en conta a súa presentación, redacción e corrección ortográfica.

Calquera memoria que conte cun fragmento superior a unha frase copiado será anulada, co consecuente suspenso na materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes