Teaching GuideTerm
Faculty of Communication Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Comunicación Audiovisual
 Asignaturas
  Prácticas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A1 A2 A3 A5 A6 A7 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 O titor da empresa levará a cabo unha memoria final na que valore as competencias adquiridas polo alumno durante as prácticas, puntuando cunha nota numérica (de 0 a 10) o grao de satisfacción das mesmas.

No caso de que o titor non indique unha nota numérica, a nota da simulación de prácticas fixarase a partir da valoración das competencias adquiridas.
70
Portafolios do alumno A4 A8 A9 B3 B4 B6 Deberase entregar un portafolio final con toda a información sobre as prácticas desempregadas. Este instrumento permitirá ao titor interno coñecer o grao de profesionalización do coñecemento teórico acadado polo alumno durante o seu período de prácticas a través do aprendizaxe.

Este portafolio será valorado pola titora de prácticas da facultade, ata un total de 3 puntos.

A estrutura e orientación de dito traballo serán fixadas previamente nunha titoría coa titora de prácticas da Facultade, quen fará o seguimento do mesmo.
30
 
Observacións avaliación

Para aprobar a materia cómpre ter aprobadas ambas partes, portafolio e simulación, no caso contrario podería recuperarse a parte "portafolio" na convocatoria extraordinaria de setembro.

Para ser avaliados en convocatoria de xuño cómpre que o alumnado teña finalizado o perído de prácticas e entregado o portafolio na data oficial do exame. Se non fose así, constaríalle como non presentada a convocatoria de xuño deixando a cualificación para a convocatoria de setembro.

Todas as memorias presentadas deben pasar por un proceso previo de seguemento-revisión por parte da titora da Facultade. Este seguemento-revisión de memorias rematará unha semana antes da data oficial de exame, excepto naqueles casos nos que o final da estadía de prácticas non o permita.

O abandono das prácticas sen causa xustificada, con independencia do número de horas efectuadas, suporá un suspenso na simulación e -por tanto- na materia.

No caso de que este abandono estea xustificado, corresponderá á Comisión valorar a situación coa documentación médica ou legal necesaria.

Ademais da súa estructura e contido, na avaliación do portafolio terase tamén en conta a súa presentación, redacción e corrección ortográfica.

Calquera memoria-portafolio que conte cun fragmento superior a unha frase copiado será anulado, co consecuente suspenso de la materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes