Teaching GuideTerm
Faculty of Communication Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Subjects
  History of Animation and Video Games
   Methodologies
Methodologies Description
Guest lecture / keynote speech Clases expositivas nas que se desenvolverán os temas indicados no punto de contidos, explicando a evolución histórica da animación e os videoxogos en cada un dos ámbitos xeográficos e culturais sinalados e amosando exemplos específicos que faciliten a comprensión.
Supervised projects Os alumnos/as, de xeito individual ou agrupados en parellas, elaborarán nas sesións prácticas traballos de investigación, análise e debate de cada unha das realidades explicadas nas clases expositivas, traballos que serán entregados ao final da sesión.

A maiores, en grupos configurados durante a primeira semana de docencia (invariables ata o final da materia), o alumnado elaborará un traballo final consistente na investigación e ampliación de coñecementos sobre a historia dos videoxogos en Galicia, tomando como referencia un estudo ou profesional concreto.

Finalmente, na última clase práctica cada grupo exporá os resultados do traballo elaborado.
Oral presentation Como foi sinalado no apartado de traballos tutelados, na última clase os diferentes grupos exporán as conclusións e resultados da súa investigación sobre a historia dos videoxogos en Galicia.
Multiple-choice questions O alumnado realizará, con carácter obrigatorio, un exame tipo test sobre os coñecementos adquiridos nas sesións expositivas e prácticas da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes