Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Historia da Animación e os Videoxogos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases expositivas nas que se desenvolverán os temas indicados no punto de contidos, explicando a evolución histórica da animación e os videoxogos en cada un dos ámbitos xeográficos e culturais sinalados e amosando exemplos específicos que faciliten a comprensión.
Traballos tutelados Os alumnos/as, de xeito individual ou en grupo, elaborarán nas sesións prácticas traballos de investigación, análise e debate de cada unha das realidades explicadas nas clases expositivas.

A maiores, en grupos (invariables ata o final da materia), o alumnado elaborará un traballo final de investigación relacionado coa historia da animación ou do videoxogo.

Finalmente, na última clase práctica cada grupo exporá os resultados do traballo elaborado.
Presentación oral Ao inicio do cuadrimestre o profesorado indicará unha listaxe de filmes de animación que o alumnado deberá ver e traballar en grupo ao longo do curso, dispoñible en Moodle. Coa periodicidade que sinalen os profesores, organizaranse nas clases expositivas e/ou interactivas exposicións con formato cine fórum sobre eses filmes, a fin de traballar e afondar na aprendizaxe colectiva sobre a historia da animación.

Ademais, como foi sinalado, no apartado de traballos tutelados, na última clase os diferentes grupos exporán as conclusións e resultados da súa investigación sobre a historia dos videoxogos ou a animación.
Proba de resposta múltiple O alumnado realizará, con carácter obrigatorio, un exame tipo test, que pode ser combinado con preguntas de resposta curta, sobre os coñecementos adquiridos nas sesións expositivas e prácticas da materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes