Teaching GuideTerm
Faculty of Communication Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Subjects
  History of Animation and Video Games
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Oral presentation B2 B3 B4 C1 Tal e como se sinala no punto anterior, a exposición oral do traballo final da materia e dos filmes traballados será puntuada cun máximo de 1 punto (10 sobre 100); valorándose aspectos como a claridade expositiva, a capacidade de argumentación ou a xustificación e coherencia do traballo realizado en relación cos obxectivos marcados. 10
Supervised projects A2 B2 B3 B5 B11 C3 C7 C8 C9 O traballo final da materia, entregado a través de Moodle na data acordada ao inicio das clases, será o elemento fundamental de valoración da parte práctica, que sumará un máximo de 5 puntos (50 sobre 100), repartidos do seguinte xeito: 4 polo traballo final en grupo + 1 pola exposición oral do mesmo e as dos filmes de animación que sexan visionados e analizados durante el curso.

A non realización dos traballos de aula, entendendo por tales os feitos durante as sesións prácticas e a exposición e participación nos cine fórum sobre os filmes, será penalizada con 0,5 puntos (5 sobre 100) por cada traballo non entregado ou non realizado correctamente.
40
Multiple-choice questions B5 C1 Na data publicada no calendario oficial de exames da Facultade, todo o alumnado deberá realizar un exame tipo test, coa posibilidade de ser combinado con preguntas de respuesta corta, sobre os contidos explicados nas sesións expositivas e prácticas da materia.

O test constará de diversas preguntas con resposta múltiple. Cada pregunta acertada será puntuada con x puntos e cada erro restará a metade de puntos que se obteñan por pregunta acertada, é dicir, dúas preguntas erradas anulan unha acertada. As preguntas sen contestar non penalizan.
50
 
Assessment comments

Os alumnos deberán consultar diariamente o Moodle,
porque a través deste espazo docente virtual comunicaráselles toda a
información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e
cualificacións.

Alumnado presencial

O traballo final debe ser entregado a través do Moodle da UDC na tarefa creada ao efecto, só por un dos/as membros do grupo e antes das 23:59 horas do día previo á súa exposición oral na clase.

Para a avaliación deste traballo final, ademais das cuestións de contido relativas á investigación levada a cabo, serán valorados positiva ou negativamente aspectos formais como a presentación e deseño do documento ou a calidade de expresión escrita, posto que se trata de competencias básicas do alumnado universitario e de reproducir na medida do posible os condicionantes de traballo do ámbito profesional. A nota deste traballo final será a mesma para todos os/as membros do grupo, que permanecerá invariable desde o inicio do curso.

Do mesmo xeito, en relación coa exposición do traballo, tamén se avaliará, ademais da capacidade argumentativa, a claridade expositiva e a calidade de expresión oral. Nesta exposición deben estar presentes e intervir todos os membros de cada grupo.

En todas as tarefas e traballos escritos penalizarán especialmente as faltas de ortografía, que, no caso de detectarse máis de tres, serán motivo de suspenso da actividade en cuestión.

Para superar a materia deberá obterse un mínimo 2,5 puntos (25 sobre 100) en cada unha das partes avaliables: exame e parte práctica (traballo final + exposicións orais - prácticas de clase e cine fórum non entregados).

No caso de suspender, a avaliación na segunda oportunidade será idéntica, pero se o/a estudante ten aprobada unha parte (exame ou práctica), só deberá examinarse da parte suspensa. A vixencia da nota da parte aprobada quedará limitada á convocatoria do ano académico en curso.

Terase en conta na puntuación final da asignatura a asistencia e participación activa nas sesións maxistrais.

Alumnado con dispensa académica

O alumnado con dispensa académica realizará un traballo práctico, idéntico ao traballo final do resto de alumnado, pero neste caso realizado de xeito individual (2,5 / 25 puntos), ademais de ter que entregar a través de Moodle todas as prácticas feitas nas clases interactivas e comentarios sobre as películas que lle sexan asignadas (2 / 20 puntos). A valoración da parte práctica complétase coa presentación oral (0,5/ 5 puntos) que, presencialmente ou vía online, faga do traballo final; se fora posible, na mesma data e hora que o resto de alumnos/as e, se non, ante o profesor no día e hora que se acorde previamente. A data límite de entrega do traballo final serán as 23:59 horas do día previo a esa exposición oral.

Ao igual que no caso do alumnado presencial, para a avaliación destes traballos, ademais das cuestións de contido, serán valorados positiva ou negativamente aspectos formais como a presentación e deseño do documento ou a calidade de expresión escrita; ademais da capacidade argumentativa, a claridade expositiva e a calidade de expresión oral na exposición dos mesmos. Tamén serán penalizadas na mesma medida as faltas de ortografía.

Os 5 puntos restantes (50 sobre 100) correspóndense ao exame, que deberá ser feito nas mesmas datas e condicións que o alumnado presencial.

Para superar a materia deberá obterse un mínimo 2,5 puntos (25 sobre 100) en cada unha das partes avaliables: exame tipo test e parte práctica (traballos + exposición oral).

No caso de suspender, a avaliación na segunda oportunidade será idéntica, pero se o/a estudante ten aprobada unha parte (exame ou práctica), só deberá examinarse da parte suspensa. A vixencia da nota da parte aprobada quedará limitada á convocatoria do ano académico en curso.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes