Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Deseño Sonoro
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clase expositiva ilustrada con exemplos de carácter sonoro e/ou audiovisual. Complementarase con materiais e contidos audiovisuais, en formato pílula, que se porán a disposición do estudantado a través do campus virtual.
Nas sesións maxistrais realizaranse actividades dirixidas a facilitar a comprensión da materia así como discusións dirixidas, que esixan ao estudantado amosar a adquisición de conceptos e coñecementos sobre a materia.
Naqueles casos en que ditas actividades se establecesen como traballo autónomo fóra da aula, empregaranse fórmulas de seguemento para determinar o grao de cumprimento da tarefa. Nestes casos as sesións maxistrais poderanse destinar á posta en común das tarefas ou a súa corrección colaborativa.
(Virtual)
Investigación (Proxecto de investigación) Investigación realizada de forma individual cuxo tema, relacionado cos contidos da materia, será proposto pola profesora.
Dita investigación entregarase en formato audio (locución e fragmentos sonoros) .
(Presencial e traballo autónomo do alumnado)
Obradoiro Desenvolvemento de diferentes actividades de carácter práctico cuxo obxecto é pór en xogo todos aqueles coñecementos que, sobre a ambientación sonora e musical, foron tratados durante as clases expositivas.
A entrega de ditas prácticas efectuarase no tempo e na forma fixados pola profesora.
(Presencial, con posibilidade de virtualizar un dos grupos de ser preciso por necesidades do alumnado, ou por limitacións de espazos e recursos)
Traballos tutelados Creación dunha sonomontaxe ou dun relato sonoro (Traballo A)
Deseño sonoro en grupo dunha secuencia audiovisual (Traballo B)
Deseño sonoro íntegro, en grupo, dun proxecto audiovisual (Proxecto Final)
(Presencial e traballo autónomo do alumnado)
Presentación oral Presentación do deseño sonoro dunha secuencia (Traballo B). Na presentación explicarase o uso e focalización do son, ademais de responder a preguntas respecto das decisións tomadas no plano narrativo, funcional e estético.

Presentacións do deseño sonoro íntegro dun proxecto audiovisual (Proxecto final) nas súas diferentes fases: idea, deseño e produto final. Nestas presentacións explicarase-debaterase sobre a idea e o deseño de son -desde unha perspectiva narrativa, funcional e estética- e a súa implementación no produto final.
Complementariamente os estudantes desenvolverán unha rúbrica de avaliación do seu proxecto, así como do desenvolvido por outros grupos.
(Presencial e traballo autónomo do alumnado. Esta actividade podería virtualizarse por necesidades do alumnado ou de limitacións de espazo).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes