Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Deseño Sonoro
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Desenvolvemento de diferentes actividades de carácter práctico cuxo obxecto é pór en xogo todos aqueles coñecementos que, sobre a ambientación sonora e musical, foron tratados durante as clases expositivas.
A entrega de ditas prácticas efectuarase no tempo e na forma fixados pola docente.
Proba de resposta múltiple Esta proba teórica versará sobre os contidos do teóricos da materia.
Aprendizaxe colaborativa Creación dunha sonomontaxe ou dun relato sonoro (Traballo A)
Deseño sonoro íntegro, en grupo, dun proxecto audiovisual (Proxecto Final)
(Presencial e traballo autónomo do alumnado)
Presentación oral Presentación oral do "Proxecto final" (creación de deseño sonoro). Nesta presentación, cada grupo deberá
explicar o seu deseño sonoro, especialmente no que respecta ás decisións estéticas, e
responder as preguntas dos/os compañeiros/as. Cada un dos proxectos finais será
valorado polos/as estudantes a partir dunha rúbrica de avaliación proposta pola docente.
Sesión maxistral Clase expositiva ilustrada con exemplos de carácter sonoro e/ou audiovisual. Complementarase con materiais e contidos audiovisuais, en formato pílula, que se porán a disposición do estudantado a través do campus virtual.
Nas sesións maxistrais realizaranse actividades dirixidas a facilitar a comprensión da materia así como discusións dirixidas, que esixan ao estudantado amosar a adquisición de conceptos e coñecementos sobre a materia.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes