Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Deseño Sonoro
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 Conta cunha valoración máxima de 4 puntos distribuídos da seguinte maneira:
· até 1,5 punto pola construción dun relato sonoro (traballo A).

· até 2,5 puntos polo deseño sonoro e dobraxe dun proxecto audiovisual ("Proxecto final"). Parte desta nota (até 0,5 puntos) virá determinada polas rúbricas de avaliación propia e dos/os compañeiros/as.
40
Proba de resposta múltiple B3 Esta proba teórica versará sobre os contidos teóricos da materia. 30
Prácticas de laboratorio A4 A5 A8 A10 B4 B5 B6 B7 B8 B11 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C8 C9 As prácticas teñen unha valoración total de 2 puntos (variando en función do número de prácticas entregadas e calidade das mesmas).
Só se admitirán prácticas entregadas en tempo e forma. Práctica que non cumpra eses requerimentos quedará anulada cunha valoración de 0 puntos.
Para o cómputo das prácticas de obradoiro o/a estudante ten que ter desenvolvido o 80% das prácticas da materia (grupo mediano).
20
Presentación oral A5 A22 A37 A39 B3 B4 B6 B11 B12 C1 Para a avaliación das presentacións orais débense cumprir os seguintes requirimentos: (1) asistir e participar na presentación (propia e na dos restantes grupos), (2) entregar a rúbrica de avaliación cumprimentada e (3) entregar o correspondente traballo/ou parte de traballo en tempo e forma.
En calquera caso, antes de cada presentación oral, daríanse as indicacións oportunas para o seu desenvolvemento-avaliación.
10
 
Observacións avaliación

Coa proposta de cada traballo e/ou actividade a profesora explicará
polo miúdo o contido, as normas estéticas e formais, así como o tipo de
soporte e data de entrega.

Para superar a materia na CONVOCATORIA OPORTUNIDAD (sistema de avaliación continua) o/a estudante deberá aprobar ambas partes, teoría e práctica, así como obter un mínimo de 5 puntos (o 50% da puntuación global) na suma total
das avaliacións dos diversos traballos e prácticas da materia. Neste
cómputo non se inclúen os exercicios non orixinais do/a estudante así
como tampouco aqueles traballos entregados fóra de prazo ou nun formato
diferente ao indicado.
Dado o obxecto da materia, todo traballo que careza de son nunha parte,
ou na súa totalidade, será anulado e -por tanto- contará cun 0 na súa
avaliación. 

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, debidamente comprobada, implicará o suspenso na materia da convocatoria correspondente do curso académico, tanto si a comisión da falta prodúcese na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario.

No caso do alumnado a tempo parcial e/ou dispensa académica de exención de asistencia establécense os seguintes cambios na avaliación: (1) substitución das actividades desenvolvidas durante as prácticas de laboratorio por un exame práctico na data oficial da materia (valor ata 2 puntos); (2) cambio dos proxectos de aprendizaxe colaborativa por traballos tutelados de carácter individual.

Para superar a materia na SEGUNDA OPORTUNIDADE o/a estudante deberá: 

  • Entregar de forma individual o deseño sonoro íntegro dunha peza audiovisual,
    proposta pola docente, co correspondente dossier. Este traballo e a súa
    presentación, na que se xustifiquen aquelas decisións tomadas en canto
    ao son, terá un valor de 70% na nota final (60% proxecto + 10%
    presentación). Para a súa avaliación deberase entregar na data oficial
    de exame, no formato sinalado pola profesora (tanto a peza audiovisual
    co son íntegro, e o dossier).
  • Aprobar o exame na data oficial. Esta proba teórica, de preguntas breves, versará sobre os contidos do libro "Sonidos que cuentan. La ambientación sonora en el audiovisual." Barcelona: UOC. Este exame constituirá o 30% da nota final. 

En calquera caso, para superar a materia débese aprobar o exame (5 puntos ou 1,5 ponderado) e obter, como mínimo, unha puntuación de 5 na nota final. 

Asemade aqueles/as estudantes que na avaliación continua (convocatoria de xaneiro-febreiro) queden por debaixo do umbral do 5 (o 50% da puntuación global), deberán
presentarse de toda a materia -teoría e práctica- na convocatoria de
xullo, seguindo as indicacións e requerimentos desta convocatoria. 

Nesta segunda oportunidade non se establecen fórmulas alternativas para o alumnado a tempo parcial e/ou con dispensa académica de exención de asistencia.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes