Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Sector da Animación e o Videoxogo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 B2 B3 B5 C1 Exame ou exames da materia.
A presentación a estas probas é obrigatoria para optar á avaliación da materia.
20
Traballos tutelados A2 A22 B2 B3 B4 B5 B9 B12 B13 C3 C5 C7 C9 Traballos teóricos e/ou prácticos, individuais ou en grupos reducidos.
A entrega destes traballos é obrigatoria para optar á avaliación da materia.
30
Eventos científicos e/ou divulgativos A22 B2 B4 B5 B9 B11 B12 B13 C1 C3 C4 C6 C7 C9 Os estudantes realizarán a práctica de enviar un proxecto de animación e/ou de videoxogos a un evento seleccionado destes sectores.
Estes proxectos poderán ser persoais ou realizados anteriormente nalgunha materia.
Esta actividade pode ser individual ou en grupos reducidos.
É necesario aprobar esta parte para que a súa cualificación faga media coas outras probas e traballos previstos nesta avaliación.
Se non se aproba, a materia resulta automaticamente suspensa.
20
Lecturas A2 B3 B11 C1 C5 C8 Proba para a avaliación das lecturas obrigatorias.
É necesario aprobar esta parte para que a súa cualificación faga media coas outras probas e traballos previstos nesta avaliación. Se non se aproba, a materia resulta automaticamente suspensa.
30
 
Observacións avaliación

Ortografía: as posibles faltas de ortografía nos exames e traballos baixarán de modo significativo a cualificación dos mesmos. Cada falta de ortografía desconta 0,3 puntos e cada acento 0,2 puntos.

Os alumnos deberán consultar diariamente o Campus Virtual da UDC (Moodle),
porque a través deste espazo docente comunicaráselles toda a
información necesaria sobre a materia: documentos, avisos e
cualificacións.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: as actividades de avaliación e a súa valoración serán iguais. A
través das titorías, a profesora adaptará ás circunstancias do alumno/a ás
datas para realizar as actividades e facilitaralle a orientación
necesaria para cursar a materia.

Implicacións do plaxio: A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatorias seguintes.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes