Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Públicos e Xogadores
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral B2 B4 C1 Defensa dos proxectos segundo as indicacións da docente. 20
Proba mixta A2 A32 C4 Proba mixta con preguntas tipo test e preguntas de desenvolvemento. 40
Traballos tutelados A2 A22 B2 B3 B4 B5 B10 B12 B13 C1 C3 C5 C6 C7 C9 O desenvolvemento de traballos tutelados onde o alumno deberá resolver unha proposta práctica a partir do proxecto proposto pola docente. 40
 
Observacións avaliación

A teoría supón o 40% da nota e a práctica un 60% (traballos e proba oral) 

Para superar a materia deben estar aprobadas a dúas partes: teoría e práctica. Para superar a práctica, os alumnos deberán superar todas e cada unha das prácticas. 

A forma de valoración na convocatoria extraordinaria realizarase da mesma forma que a convocatoria de ordinaria. 

Os alumnos deberán entregar os traballos prácticos segundo os criterios estipulados polo docente. 

Acción contra o plaxio. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de "0" suspenso na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación para a convocatoria extraordinaria. 

 Os estudantes con dispensa académica deben contactar co profesor ao comezo do curso, vía Moodle ou correo electrónico, para acordar un itinerario personalizado para compensar as ausencias das clases maxistrais e as horas de traballo práctico. 

As faltas de ortografías penalizan a nota final.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes