Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Arte Dixital e Electrónica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A26 B1 B3 B6 B8 B13 Entrega e defensa de traballos prácticos e informes. Computa ata un máximo de 2 puntos na nota final. A súa realización non é obrigatoria para superar a materia. 20
Proba mixta B4 B14 C1 C2 C3 Entrega e defensa dun traballo final que computa un máximo de 6 puntos sobre a nota final (5 puntos o traballo e 1 punto a presentación). É necesario obter unha nota mínima de 5 nesta proba para superar a materia. 60
Obradoiro B2 B5 B7 B10 B11 B12 C4 C7 C9 Avaliación continua do traballo na aula. Computa ata un máximo de 2 puntos na nota final. A súa realización non é obrigatoria para superar a materia. 20
 
Observacións avaliación

En caso de non acadar o mínimo na proba mixta, a nota final será a obtida nesta proba.

A asistencia presencial á materia é obrigatoria.

A avaliación será a mesma para todas as convocatorias.

A
realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación
implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na
convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación
obtida en todas as actividades de avaliación de cara á convocatoria
extraordinaria.

De acordo
coa normativa da UDC en relación ao estudantado matriculado a tempo
parcial, o réxime de asistencia a clase non afectará negativamente ao
proceso de avaliación, admitíndose nesta materia a dispensa académica
para a asistencia solicitada polas canles institucionais habilitadas ao
efecto. Porén, esta flexibilidade asistencial non eximirá da entrega de
traballos tutelados e prácticas nos mesmos prazos fixados para o
estudantado a tempo completo.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes