Nesta materia estúdase o proceso de creación de modelos 3D dixitais para o seu uso en productos de animación ou videoxogos. Aplicaránse na práctica diversas técnicas e ferramentas para conseguir os resultados desexados en cada caso e estudaranse as propiedades que deben cumprir eses modelos para adecuarse ao uso que se lles vaia dar (render off-line ou render en tempo real).
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non hai cambios nos contidos
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Mantéñense as sesións maxistrais e os obradoiros, de maneira telepresencial a través de Moodle e Teams.
Mantense o portafolio do alumno (traballo final).
*Metodoloxías docentes que se modifican
Se eliminan los exámenes teórico y práctico
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención personalizada farase de maneira telepresencial, a través de Moodle, Teams y correo electrónico
4. Modificacións na avaliación
Exercicios prácticos (avaliación continua) : 75%
Traballo final da asignatura: 25%
*Observacións de avaliación:
No caso de confinamento, retiraranse os exames, tanto teórico como práctico
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías