A partir da análise dos 12 principios clásicos, os estudantes aprenderán os conceptos e as técnicas esenciais de animación. Coñecerán os aspectos básicos do movemento, tanto técnicos como expresivos. Ademais, serán capaces de crear sistemas de controis adecuados para poder animar modelos tridimensionales.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican os contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
As sesións serán realizadas por videoconferencia usando Teams, serán gravadas e aloxadas en Microsoft Stream. Ademais, os estudantes poden acceder aos vídeos, pdfs e un exemplo práctico de aplicación do tema correspondente a través de Moodle. Todas as dúbidas que xorden serán resoltas en clase a través de Teams (chat e voz).
*Metodoloxías docentes que se modifican
A presentación das tarefas prácticas, a resolución de dúbidas das mesmas, así como o seguimento dos traballos tutelados realizaranse de maneira en liña.
- Taller: os estudantes realizarán as prácticas propostas nas súas computadores e serán tutorizados e avaliados por videoconferencia usando Teams (escritorio compartido, chat e voz).
- Traballos tutelados: o seguimento deste traballo realizarase a través de Teams (escritorio compartido, chat e voz) e o correo electrónico.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Titorías en liña para aclarar conceptos teóricos e axudar a resolver os problemas que teñan lugar durante a realización dos traballos prácticos e tutelados previo solicitude por parte do alumnado. Utilizarase: - Correo electrónico: diariamente, para facer consultas e solicitar reunións de titorías. - Moodle: diariamente, o foro de Moodle utilizarase para comunicar información, enviar avisos e para as dúbidas xerais. - Teams: nos horarios asignados á materia para as clases teóricas e prácticas; e para facer titorías individuais a pedimento do alumnado.
4. Modificacións na avaliación
Non existen modificacións na avaliación. As entregas de tarefas prácticas e traballo tutelado realizarase a través de Moodle segundo o cronograma da materia que se entregará aos estudantes o primeiro día de clase.
*Observacións de avaliación: mantéñense as mesmas da guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan cambios. O alumnado dispoñe de toda a documentación necesaria en Moodle e en Microsoft Stream.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías