Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Castro Pena, Luz
Correo electrónico
maria.luz.castro@udc.es
Profesorado
Castro Pena, Luz
Correo electrónico
Web
Descrición xeral
Nesta materia impártense coñecementos básicos de programación
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
Manteranse as metodoloxías docentes, adaptándoas a formato telemático.
As clases teóricas e prácticas agruparanse nunha única sesión síncrona que se realizará no horario habitual, cunha duración máxima de unha hora. Marcaranse sesións de titorías para o seguimento das prácticas semanais que coincidan co horario de clase dos grupos A, B e C.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais, resolver dúbidas e facer o seguimento das prácticas e traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de foros para formular as consultas necesarias.
- Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou máis segundo o demande o alumnado) en pequeno grupo (ata 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización das prácticas e traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Prescindirase da proba mixta. O peso da cualificación quedará como segue:
- Prácticas de laboratorio: 40% (Entrega de traballos prácticos semanais)
- Traballos tutelados: 60% (Práctica final obrigatoria)
O alumnado poderá ser chamado a revisión da práctica final, e debe ser capaz de defender o seu traballo.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
-As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbo presencialmente ata o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1.SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts.2.3;3.be4.5)(29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados).
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da materia en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías