Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Programación de Videoxogos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A26 B5 B6 B7 B8 B10 B11 B12 B13 C3 C4 C6 C7 C9 Entrega de traballos prácticos de laboratorio e avaliación continua do traballo na aula. Computa ata un máximo de 3 puntos na nota final. A súa realización non é obrigatoria para superar a materia. 30
Traballos tutelados A10 A12 A25 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B10 B11 C1 C8 Resolución e participación en traballos tutelados en horario de titorías. Computa un máximo de 3 puntos na nota final. A súa realización é obrigatoria para superar a materia. 30
Proba mixta B1 B5 B6 C1 Proba de avaliación centrada principalmente na parte teórica, aínda que tamén inclúe preguntas sobre prácticas. Computa un máximo de 4 puntos na nota final. A súa realización é obrigatoria para superar a materia. 40
 
Observacións avaliación

Para superar a materia é imprescindible aprobar tanto a proba mixta como os traballos tutelados.

É
imprescindible conseguir unha nota mínima de 5 sobre 10 nas dúas partes
(proba mixta e traballos tutelados) para aprobar a materia (en caso
contrario, a máxima nota que se poderá conseguir é un 4,5).

O alumnado poderá ser chamado a revisión das prácticas e traballos tutelados, e debe ser capaz de defender o seu traballo.

ESTUDANTADO
CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL: Deberán poñerse en contacto co
profesorado da materia para posibilitar a realización das tarefas fóra
da organización habitual da materia.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes