Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Deseño Narrativo e de Interfaces
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba oral A10 A19 A20 A40 B1 B2 B6 B8 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C7 C9 Presentación final do traballo en grupo e defensa diante dos profesores da materia 15
Traballos tutelados A10 A19 A20 A40 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C7 C9 Traballos individuais de duración semanal ou quincenal que levarán a cabo os estudantes.

25
Traballos tutelados A10 A19 A20 A40 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 B12 B13 B14 C1 C3 C4 C7 C9 Traballo de deseño de xogos a realizar polos alumnos nun grupo. 45
Proba oral A10 A19 A20 A40 B1 B2 B6 B8 B11 B12 B13 B14 C1 C3 C7 C9 Vídeos curtos feitos polos alumnos de xeito regular que deben mostrar e xustificar os avances realizados individualmente no traballo en grupo sobre o tema. 15
 
Observacións avaliación

Notas sobre a entrega de traballos:

- Será necesario entregar todos os traballos grupais completos para poder aprobar a materia.

A entrega de todos os traballos individuais non será imprescindible para aprobar a materia.

- Na avaliación de todas as convocatorias só computarán os traballos subidos nas tarefas do Campus Virtual para esa convocatoria, non se poderán entregar tarde nin por outra vía das indicadas.

- No caso da segunda oportunidade (e convocatoria extraordinaria de decembro) só subiranse os traballos que teñan modificacións, para aqueles traballos non entregados na devandita convocatoria, cualificaranse igual que na convocatoria anterior.


Avaliación para a segunda oportunidade en xullo e para a convocatoria extraordinaria en decembro:
 
Os pesos da avaliación das dúas metodoloxías de "Traballos tutelados" permanecerán inalteradas.

Modificaranse as probas orais, que serán sustituídas por unha única proba oral que pesará o 30% da calificación final e que consistirá nunha exposición e defensa individual ante os profesores da materia dos traballo de deseño en grupo realizado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes