Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Proxecto de Videoxogo
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A20 A31 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B12 B13 B14 C3 C4 C6 C7 C9 O traballo tutelado que deberá realizar o alumnado consistirá no desenvolvemento completo e funcional da proposta de xogo deseñado ao longo do cuadrimestre.
A avaliación constará dunha parte conxunta (traballo realizado polo grupo) e outra parte individual (traballo realizado pola/o alumna/o - área), polo que a cualificación final do alumnado dentro dun mesmo grupo pode variar en función da calidade do traballo desenvolvido.
Nesta nota teranse en conta tanto a entrega final como as intermedias (documentación, versións alfa, beta e gold), a produción, progresión do proxecto e a capacidade de resolución dos problemas encontrados.
90
Presentación oral B1 B2 B4 B11 C1 Presentación oral e defensa do traballo realizado 10
 
Observacións avaliación

Se
o alumnado non realiza a presentación ou non entrega algún dos
documentos requiridos, recibirá a cualificación de suspenso (0).

As
faltas de ortografía, así como a falta de lexibilidade na documentación
presentada poderán facer que os devanditos documentos se consideren
como non aceptables e por tanto como non presentados.

No
caso de alumnado con dispensa académica realizarase a supervisión dos
traballos nas titorías da materia. Devanditos traballos poderanse
realizar cos recursos proporcionados sen necesidade de
asistencia presencial, aínda que se recomenda a asistencia a titorías. En
calquera caso, o alumnado con dispensa académica deberá realizar de
maneira presencial a presentación oral dos traballos.

As condicións son iguais para todas as convocatorias e oportunidades para a súa avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes